Delegación de Galicia - Actualidad
-
02/09/2010
Educación Sen Fronteras Galicia visita varias comunidades da Municipalidade de Champerico que están dentro do Programa Oxlajuj Tzíkin en Guatemala
O pasado mes de Agosto, o Coordinador de ESF Galicia visitou as comunidades de San Miguel las Pilas, El Triunfo, María del Mar, Victoria 3 e Nova Cajolá, que xunto a outras 11 comunidades do municipio de Champerico participan no Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz´ikin.
-
01/09/2010
ESF Galicia e Bicis pola Paz reafirman a súa colaboración para desenvolver dous proxectos de Bicibibliotecas en Nicaragua e no Salvador
Educación Sen Fronteiras e Bicis pola Paz desenvolverán no 2010 dous novos proxectos de achegamento da educación a nenas e nenos de Nicaragua e O Salvador a través das organizacións locais UCRES (El Salvador) e IPADE (Nicaragua) mediante Bicibibliotecas.
-
09/06/2010
Envía unha tarxeta amarela pola Educación
Os líderes mundiais vanse reunir antes da final do Mundial en Cape Town para discutir a crise global en educación. Fagámoslles chegar un sinal de aviso que non poidan ignorar, e os fagamos saber que o gol que necesitamos marcar é educación de calidade para todos os nenos e nenas.
-
05/06/2010 - 05/06/2010
Educación Sen Fronteiras participará este sábado no Mercadillo Solidario de Cangas
Esta actividade é promovida polo Concello de Cangas dentro das Xornadas Interculturais que levan celebrándose en todos los centros educativos da vila durante os meses de abril e maio e que teñen como obxectivo acercar ás ONG,s e ás realidades dos países do sur a toda a sociedade canguesa.
-
27/05/2010
A canteira educativa galega ponlle un gran centro ao presidente Feijoo para que este poida marcar un golazo pola Educación
O alumnado de tres centros composteláns (CEIP López Ferreiro, IES Eduardo Pondal, e IES Rosalía de Castro) xunto con duas alumnas da USC conformaron o equipo de embaixadores e embaixadoras da campaña " 1 Gol pola Educación" e en representación de todo o alumnado galego que leva meses traballando a campaña, entregáronlle ao presidente da Xunta os balóns que fixeron as rapazas e rapaces galegos, ademáis de pedirlle a súa adhesión á campaña.
-
14/05/2010
Educación Sen Fronteiras e o Concello de Cangas volven a colaborar nas VI Xornadas Interculturais
Estas xornadas comezaron a final do mes de Abril, continuan neste mes de Maio e rematarán o primeiro fin de semán de xuño co VI Encontro Intercultural onde as diversas ONGs afincadas en Galicia montarán o seu stand na Alameda Vella de Cangas
-
10/05/2010
Escolares de Tui e Valença gozan un primeiro encontro de xogos populares e meten o seu gol pola educación
Foi unha xornada de interculturalidade onde os rapaces e rapazas dos dous colexios compartiron xogos, desta maneira os escolares tudenses aprenderon o xogo da "malla", mentres que os de Valença coñeceron os de "a chave" e a rá".
-
23/04/2010
Educación Sen Fronteiras estará presente na I Xornada Intercultural do concello da Estrada
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada organiza, para o vindeiro día 24 de abril, a I Xornada Intercultural, que se celebrará na Praza da Constitución en horario de 16 a 21 horas. Esta xornada incluirá músicas e danzas do mundo, , obradoiros, xogos populares e exposición de Pro-póntelos sobre os obxectivos do desenvolvemento do milenio
-
22/04/2010
Centros educativos, clubes deportivos e políticos meten 1 GOL POLA EDUCACIÓN en Vigo
O día 21 de Abril na Madroa tivo lugar o acto central da campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN na cidade de Vigo coa participación das alumnas e alumnos dos centros: Cpi Santa Cristina, Colexio Apostol Santiago, Ceip Frián Teis, e Colexio Nº2 de Tui, xogadores do Celta de Vigo: Yoel, Toni e Vlado Gudelj e representantes do concello vigués como o Tenente de Alcalde Santiago Domínguez, a concelleira de educación Laura López Atrio, a concelleira de benestar social María Xose Méndez Piñeiro, e o concelleiro de deportes Francisco Xabier Alonso Pérez.
-
19/04/2010
Educación 4 Pobreza 0 na matinal do domingo no estadio de Balaídos
Duas rapazas e dous rapaces do Colexio Apostol Santiago de Vigo lanzaron 4 penaltis a prol da Educación Universal de Calidade para Todas e Todos durante o tempo de lecer do encontro Celta-Betis da Liga Adelante.







