Volver

31/10/2013

O Des-Iguais comeza os seus talleres por Galicia

Des-Iguales Galicia

O pasado lúns o CEIP Sobreira-Valadares-Valadares (Vigo) gozou do taller do proxecto de sensibilización Des-Iguais que busca fomentar entre a cidadanía actitudes de respecto cara á diversidade cultural.

Os alumnos e alumnas do CEIP Sobreira-Valadares-Valadares puideron asistir a unha dobre sesión do taller formativo de Des-Iguais, en colaboración coa campaña Importanos que se está a desenvolver na cidade de Vigo e que pretende achegar a Educación Para o Desenvolvemento  aos distintos centros educativos da cidade olívica. Educación Sin Fronteras (ESF) realizou 2 obradoiros para o alumnado de 5º e 6º de primaria deste centro.

En total 37 alumnos e alumnas (16 de 5º de primaria e 21 de 6º de primaria) puideron ver o mundo dende outro prisma en dúas sesións de 50 minutos. O obxectivo deste taller era claro, facer ver que o mundo está feito de moitas realidades diferentes, que a nosa realidade non ten porque ser a boa, tampouco a mala, simplemente é a nosa realidade, e que comprender e respectar as diferentes realidades pode ser o punto de partido perfecto para cun traballo en equipo e cooperativo poder transformar a realidade aínda que sexa pouco a pouco: "moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo".

Ademais deste taller, ESF ofertará durante todo este curso outros talleres que tambén abranguerán a interculturalidade dende outro enfoque, por exemplo “A Gran Viaxe”, taller que a través dun xogo percorrerá 5 países diferentes aprendendo máis sobre as súas culturas e enfrontándonos aos seus estereotipos.

Se algún centro está interesado nalgún destes talleres pode enviar un correo electrónico a: esfgalicia@educacionsinfronteras.org (Miki Rodríguez)

 

(Proxecto Des-Iguais)