Volver

08/05/2014

Contos Des-Iguais no CEIP Carballal

Des-Iguales Carballal_2

O 5 de maio o CEIP Plurilingüe Carballal de Vigo  desfrutou da sesión de contos realizada por Bea Campos dentro do proxecto de sensibilización Des-Iguais que busca fomentar entre a cidadanía actitudes de respecto cara á diversidade cultural.

Ao redor de 70 alumnos e alumnas  de todo o ciclo de primaria recibiron os 3 talleres que impartiu a contacontos. A través dunha ferramenta como é o conto que existe en todas as culturas do mundo preténdese transmitir e traballar valores interculturais co alumnado.

A sesión apoiouse en 5 contos moi especiais contados na preciosa biblioteca do centro:

Bailar nas Nubes: Ata os soños máis remotos se poden facer realidade. Mentres os perseguimos, aprendemos sobre interculturalidade e convivencia, rodeados do colorido deste álbum que bebe das fontes do folclore latinoamericano.

O nacemento do Dragón: Esta obra bilingüe galego-chino mandarín, que conxuga literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas que grazas a sua imaxinación crearon esta criatura para mediar entre os conflictos dos maiores. Por esta razón o Dragón é un símbolo de paz moi importante na cultura chinesa.

Os de arriba e os de abaixo: hai mundos que conviven, comparten costumes e se complementan, coa única diferenza de que os acontecementos transcorren en planos opostos... que se se dobran, poden atoparse e coincidir. Un libro para ler do dereito ou do revés, a gusto do lector; ideal para compartir a dúas bandas

Os Sacapenas: Os sombreiros, os zapatos, as nubes, a chuvia, os paxaros xigantes... Bieito vive amolado polos seus temores, pero a súa avoa ten unha solución. O segredo está nuns bonecos orixinarios de terras lonxanas: Os Sacapenas.

A Banda de Vilacendoi: A música envolvía cada recuncho da aldea galega de Vilacendoi, pero o despoboamento acabou coa algarabía das noites de festa. Maxia e nostalxia, emigración e inmigración, futuro e esperanza, na aldea dos teus soños.