Volver

01/09/2010

ESF Galicia e Bicis pola Paz reafirman a súa colaboración para desenvolver dous proxectos de Bicibibliotecas en Nicaragua e no Salvador

Bicibiblioteca

Educación Sen Fronteiras e Bicis pola Paz desenvolverán no 2010 dous novos proxectos de achegamento da educación a nenas e nenos de Nicaragua e O Salvador a través das organizacións locais UCRES (El Salvador) e IPADE (Nicaragua) mediante Bicibibliotecas.

 

O título dos proxectos son: "A Audio-bibloteca viaxeira" no Salvador.  e Mellora das condicións de traballo de educadoras e educadores voluntarias de 37 comunidades rurais dos municipios de Siuna e Mulukukú, rexión autónoma de Atlántico Norte, Nicaragua.

 A Bicibiblioteca é unha proposta de animación a lectura solidaria e medioambiental e que se instala en parques, prazas, espazos naturais para divulgar un compromiso coa natureza e a solidariedade a través de cesión gratuíta de libros, actividades musicais, de animación teatral, paseos lectores.

O montante total dos dous proxectos é de 10.000 €.