Volver

13/09/2010

A exposición Acurtando distancias educativas na Casa Solidaria de Ferrol

Momento do acto de presentación da mostra

A mostra, Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador, foi inaugurada na Casa Solidaria de Ferrol polo alcalde da cidade Vicente Irisarri, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Cooperante o pasado 8 de Setembro.

O concello ferrolán celebrou o pasado 8 de Setembro unha xornada dedicada aos cooperantes cunha exposición solidaria que ten como epicentro El Salvador e que pretende acurtar distancias e tender pontes á educación en América Latina.

 A exposición componse de oito paneis que mostran a realidade educativa de El Salvador, e que axudan a comprender ao espectador a importancia do traballo neste eido.Con esta exposición Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar e informar da situacións de exclusión nas que viven millóns de persoas no mundo que non teñen acceso a educación e transmitir o desexo de que "Outro mundo é posible". Saliantar a importancia da educación como vía básica para a transformación da realidade en calquer lugar do planeta, e, como eixe central para mellorar ás condicións de vida de calquera sociedade,comunidade ou grupo humán.

 O acto foi presidido polo Alcalde de Ferrol  Vicente Irisarri quen aproveitou para reafirmar o apoio que brinda o Concello a estas iniciativas e expresou " ESF deu no cravo xa que a Educación é a ferramente básica para a transformación das desigualdades existentes no noso mundo". Ademáis de o Alcalde tamén estiveron no acto o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Fernández Beceiro e unhas 50 persoas voluntarias e voluntarios da casa Solidaria de Ferrol que recibiron con gran expectación o acto.

 Esta mostra é a primeira que acolle a Casa Solidaria de Ferrol e en palabras do propio alcalde "non podía ter sido máis acertada esta primeira exposición da Casa Solidaria". A exposición estará aberta ao público durante o mes de setembro na sala de mostras da Casa Solidaria. Pódese visitar a partir das 9.00 ata as 14.00, de luns a venres.