Volver

05/11/2009

Presentación da Campaña Mundial pola Educación no curso de Educación para o Desenvolvemento en Santiago de Compostela

Presentación da Campaña Mundial pola Educación no curso de Educación para o Desenvolvemento en Santiago de Compostela

Hoxe mércores 4 de Novembro continuamos co Curso de Educación para o Desenvolvemento no Cefore de Santiago de Compostela. O taller de hoxe é a exposición e presentación da Campaña Mundial pola Educación e realizar un exemplo práctico desta.

Esta semana continuamos co curso de educación para o desenvolvemento dirixido a profesores e profesoras que imparten clase dende infantil a bacharelato. Nesta ocasión impartimos o taller da presentación da Campaña Mundial pola Educación e os relatores foron membros de asociacións e organizacións vinculados a esta campaña como: Axuda en Acción, Entreculturas, Seminario Galego de Educación Pola Paz, Educación Sin Fronteras, InteRed, e Jovenes y Desarrollo.

Foi unha sesión moi participativa e dinámica na que se cumpriron os nosos dous obxectivos principais, por un lado dar a coñecer a situación da educación no mundo e o porque xorde esta campaña, e isto o fixemos a través da explicación por parte dos relatores e do visionado dunha serie de videos da campaña, e por outro lado facer participes ao profesorado de que eles son parte fundamental na aplicación da educación ao desenvolvemento. Para iso realizamos un taller de elaboración de unidades didácticas con materiais da propia campaña que resultou moi frutífera xa que as achegas dos propios profesores e profesoras foron moi interesantes xa que interiorizaron que a educación para o desenvolvemento se pode aplicar impartindo calquera tipo de materia ( matemáticas, inglés, historia, etc.)e en todolos cursos do ámbito educativo.