Volver

10/11/2009

I encontro Andaluz de experiencias escolares para a cidadanía global e solidaria

Paneis da exposición

Educación Sen Fronteiras Galicia acudiu este fin de semana a Málaga para empaparse das experiencias Andaluzas e aprender das diversas actividades propostas.

Este fin de semana celebrouse en Málaga o I encontro Andaluz de experiencias escolares para a cidadanía global e solidaria, que reuniu na Facultade de Educación a persoal educativo de centros educativos de todos os niveis das comunidade autónoma andaluza. Foi un fin de semana moi construtivo porque se puideron visualizar diferentes medidas que fan os centros para fomentar a educación ao desenvolvemento, e así obter diferentes visións que complementen nosas experiencias.