Volver

18/11/2009

Intensa visita de Mercedes Sánchez a Galicia, cunha quente acollida por parte da cidadanía galega do concepto de Educación Popular

Mercedes Sánchez tomando un café con alumnos universitarios no Colexio Maior de San Agustín

A coordinadora da área de xestión da Fundación CIAZO (contraparte de Educación Sen Fronteiras en El Salvador) puido compartir co público galego a realidade educativa dun país como o El Salvador e departir e profundizar sobre un concepto propio de Latinoamérica e quizais algo descoñecido nestas latitudes como é a Educación Popular.

Sen dúbida o Lúns 16 de Novembro foi para Mercedes Sánchez un día con unha axenda moi apertada. Tres actos diferentes con tres públicos diferentes. Comenzaba a mañá no CPI da Ribeira na parroquia de Torneiros do concello de O Porriño, e de tarde nunha dobre cita en Santiago de Compostela no Colexio Maior de San Agustín e no CIFP politécnico de Santiago de Compostela e xa dentro do curso de educación para o desenvolvemento.

O obxectivo de Mercedes era achegar o concepto de Educación Popular como ferramenta para a promoción da gobernabilidade democrática, xa que a debilidade institucional e a falla de educación son dous factores moi relacionados e que polo tanto a mellora de un sunporá á forza a mellora do outro.

O concepto de educación popular e ver a educación como un proceso participativo e transformador, no que a aprendizaxe e a conceptualización basease ena experiencia práctica das propias persoas e grupos. Partindo da autoconcienciación e comprensión dos participantes respecto ós factores e estructuras que determinan as suas vidas, pretende axudarlles a desenvolver as estratexias, habilidades e técnicas necesarias para que poidan levar a cabo unha participación orientada á transformación da realidade. Todos e todas sabemos algo que podemos aportar a terceiras persoas.

Mercedes tamén expuxo a metodoloxía para a aplicación deste tipo de educación, metodoloxía que sen dúbida é moito máis dinámica que digamos a metodoloxía educativa que temos en España quizais moito máis estática e académica. A educación popular basease en técnicas e dinámicas que parten da propia realidade e experiencia das persoas, e que caracterizase polo seu carácter ameno, dinámico e motivador. Con elo pretendese suscitar e manter o interese do grupo, facilitando en éste a participación, a reflexión, o diálogo e a análise. Neste senso, o animador ou educador non nos aporta todalas respostas, senon que simplemente axuda a que o grupo formulese as preguntas necesarias e fabrique as sus propias respostas. Esta metodoloxía es coherente co carácter aberto, flexible, participativo, grupal, práctico e vivencial da educación popular, así como con os obxetivos e valores que busca: a participación democrática, o desenvolvemento organizativo, a formación para a acción, a transformación e o cambio da vida real.

Os tres colectivos cos que reunise Mercedes mostraronse moi participativos e moi interesados en todo o que a salvadoreña lles expuxo, e poideron compartir as distintas visións sobre a educación e sobre o futuro da mesma. Sen dúbida unha gran experiencia a visita de Mercedes Sánchez a Galicia. Gracias e ata pronto.