Volver

18/11/2009

Galicia investirá un 0,4% menos respecto ós orzamentos de 2009 en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento

Orzamentos 2010

Xa temos o informe anual da Coordinadora Galega de ONGD ( para ver o informe completo entrar na páxina da coordinadora) ó respecto dos orzamentos para o ano 2010 en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento. Co nome " A cooperación galega no lusco e fusco da crise" a Coordinadora Galega de ONGD fai un detallado análise do proxecto de Lei de orzamentos presentado o pasado 19 de Outrubro.

A partida nos orzamentos do ano 2010 ten como montante final 9.748.276 . A cantidade que vai destinar o goberno galego a cooperación é 0,086% do orzamento total de 2010 moi afastado do compromiso do I plan director 2006-2009 de destinar o 0,4% a cooperación, e nas antípodas do 0,7% do PIB que recomenda a Organización de Nacións Unidas como ferramenta para erradicar as diferenzas existentes hoxe en día no mundo. E dende logo tamén moi afastado do propio programa electoral do partido popular onde falaban nos seguintes termos: "alcanzar un 0.4% do presuposto da Xunta ao longo da próxima lexislatura pode ser un obxectivo razonable, desde a actual situación".

Polo tanto a valoración dos orzamentos é a seguinte:

-Galicia continua a ser a comunidade autónoma que menor porcentaxe de orzamento destina a cooperación ó desenvolvemento.

-Cooperación é a cuarta función de gasto que maior recorte sofre (só con máis recorte: Cultura, Normalización Lingüística, e actuacións ambientais).

-O peso político da cooperación o desenvolvemento galego diminue convertindose a dirección xeral de cooperación nunha subdirección xeral.

-Tanto en termos relativos como absolutos Galicia está moi afastada dos acordos chegados en materia de cooperación co I Plan Director do 0.4% do PIB destinado a esta materia e pensar no 0.7% parece unha verdadeira utopía.

Por iso dende Educación Sen Fronteiras unímonos ao lema da Campaña Pobreza Cero e que agardamos escoiten os nosos representantes políticos:

MÁIS FEITOS, MENOS PALABRAS. UNHA PROMESA NON ALIMENTA