Volver

02/12/2009

Decembro o mes para "Presionar contra a pobreza" na cidade de Vigo

Cartel Contra a Pobreza Presiona

A Rede Social Galicia Sur ( da cal forma parte Educación Sen Fronteiras) organiza unha serie de actividades para o mes de Decembro co obxectivo de sensibilizar á poboación viguesa sobre os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio (ODM) e concienciar de que somos a primeira xeración que pode acabar coa pobreza.

Co lema "Contra a pobreza: Presiona!", a campaña pretende concienciar a cidadanía de que ésta é un actor activo na loita contra a pobreza e que cunha sociedade crítica e reivindicativa a súa erradicación está moito máis preto. Nesta loita, a vontade política é clave, e a campaña busca presionar aos líderes locais e autonómicos para que as nosas administracións adiquen máis fondos á cooperación co fin de acadar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio.
Actos no marco da Campaña "Contra a Pobreza: Presiona!"
- Xoves 3 de Decembro de 2009 Concerto Pobreza Cero na Sala Mondo. Rúa Joaquín Loriga, 3. Vigo ás 21:00
Cinco grupos vigueses; Septiembre, Portrait, Caraba, Toxic Patrol e JingHang Man únense a campaña e tocarán durante máis de tres horas no que sen dúbida será un concertazo que ninguén se debe perder. O prezo das entradas será de 2 euros e ten carácter simbólico.

- Xoves 10 de Decembro conferencia no Centro Sociocultural Caixa Galicia Vigo. C/ Policarpo Sanz 21, Vigo ás 19.00h
O ciclo de conferencias "Contra a pobreza: Presiona!" abrirá coa presenza de Pablo J. Martínez Osés Coordinador da "Plataforma 2015 y más" que abordará os retos pendentes para acadar os ODM na charla "ODM, pódese acabar coa pobreza?".
- Mércores 16 de Decembro conferencia na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova. Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Vigo ás 19:30h
A segunda conferencia do ciclo presentarase baixo o título: "A alternativa está aquí (ou de como as mulleres cambiamos o mundo)". A relatora será a escritora e Presidenta da ONGD Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez.
- Martes 29 de Decembro, conferencia no Auditorio Centro Cultural Caixanova. Marqués de Valladares, s/n. Vigo ás 19.30h
O catedrático de economía aplicada na Universidad Autónoma de Barcelona, Arcadi Oliveres, ofrecerá a conferencia "Acabar coa pobreza en tempos de crise". Oliveres é toda unha eminencia en materias como: relacións norte-sur, comercio internacional, débeda externa e consumo responsable.

 

Comentarios - 1

  • 1 Iria 06-12-2009 - 13:02h

    Moitas grazas polo voso traballo na cidade. Hai que facer que os políticos cumpran as promesas que fan.
    Moi chulas as imaxes da campaña.