Volver

24/01/2011

ESF Galicia comeza con forza o novo ano traballando os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio coa comunidade educativa galega.

Taller Eduardo Pondal

Entre os meses de Xaneiro e Febreiro a delegación galega xa ten pechados cinco obradoiros nos centros educativos: CEIP Eduardo Pondal (Vigo), IES Ricardo Mella (Vigo), CEIP Carballal-Cabral (Vigo), CPI Conde de Fenosa (Ares-A Coruña), CEIP Paraixal (Vigo). Ademáis nos catro centros da cidade olívica estará presente durante unha semana unha exposición sobre os ODM.

ESF Galicia comeza o 2011 cunha intensa axenda visitando varios centros educativos de Vigo e de Ares. Desde a delegación galega creemos firmemente en que a Educación para o Desenvolvemento é unha das ferramentas básicas de sensibilización, sobre todo cando incidimos na comunidade educativa, xa que son os rapaces e rapazas de hoxe en día os que poderán transformar as realidades existentes nun futuro.

 Por iso a visita a centros educativos é unha das claves do noso traballo. De este xeito os vindeiros meses teremos a exposición sobre os ODM en catro centros de Vigo:

 -Semana do 17 al 21 de xaneiro CEIP Eduardo Pondal (Vigo).

-Semana do 17 al 21 de xaneiro IES Ricardo Mella (Vigo).

-Semana do 24 al 28 de xaneiro CEIP Carballal-Cabral (Vigo).

-Semana do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro CEIP Paraixal (Vigo).

 A exposición é moi visual xa que en cada panel podemos observar un personaxe dalgún dos páises en vías de desenvolvemento polo que as cifras e reflexións non son tan anónimas como de costume. Ademáis en todolos paneis observamos datos moi útiles para que os profesores poidan traballar co alumnado na aula e así conseguir unhas reflexións máis profundas. Nos 8 paneis da exposición podemos observar os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio:

. ODM 1- Erradicar a pobreza extrema e a fame.
. ODM 2- Lograr o ensino primario universal.
. ODM 3- Promover a igualdade entre os sexos e a autonomía da muller.
. ODM 4- Reducir a mortalidade infantil.
. ODM 5- Mellorar a saúde materna.
. ODM 6- Combater o VIH SIDA, o paludismo e outras enfermidades
. ODM 7- Garantir a sostibilidade ambiental.
. ODM 8- Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

O obxectivo de ter esta exposición polos centros educativos é a de, en primeiro lugar, que a xente nova asimile o que son estes obxectivos, e que son froito dun acordo político. E así tentar espertar en todo o alumnado a conciencia que supón o oitavo obxectivo, xa que é esa gran alianza mundial a que pode presionar aos líderes políticos dos países a que cumpran os acordos asinados fai xa 11 anos.

Pero ademáis da exposición, en todos estes centros xunto coa visita ao CPI Conde de Fenosa (Ares-A Coruña), ESF fará un obradoiro de coñecemento dos ODM, que consistirá nunha charla, visionado dunha curtametraxe, e dinámicas para que o alumnado poida participar e comprender desde unha visión máis próxima que son os ODM e porque é tan importante acadalos no 2015.

Calquera outro centro educativo que estivese interesado na participación de Educación Sen Fronteiras no seu centro, pódese por en contacto con nós:

- Enviando un mail a esfgalicia@educacionsinfronteras.org ou galicia.comunicacion@educacionsinfronteras.org

- A través do noso perfil no Facebook a través dunha mensaxe privada.