Volver

03/12/2009

A exposición "Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador" estará na vila de Redondela todo o Nadal

Exposición en Redondela

En colaboración co Omix de Redondela e co Concello de Redondela, Educación sen Fronteiras traslada a exposición "Achégate a El Salvador" ao Multiusos da Xunqueira para que a cidadanía de Redondela poda ver de cerca o labor da organización.

Oito paneis que mostran a realidade educativa de El Salvador, e que axudan a comprender ao espectador a importancia do traballo neste eido.Con esta exposición Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar e informar da situacións de exclusión nas que viven millóns de persoas no mundo que non teñen acceso a educación e transmitir o desexo de que "Outro mundo é posible". Saliantar a importancia da educación como vía básica para a transformación da realidade en calquer lugar do planeta, e, como eixe central para mellorar ás condicións de vida de calquera sociedade,comunidade ou grupo humán que a educación é liberdade.

Os paneis veñen acompañados de explicacións en texto e de fotos do proxecto no terreo. Dende aquí convidamos a veciñanza de Redondela a acudir e poder obervar por elas e eles mesmos como é a realidade noutros países.