Volver

23/12/2009

Arcadi Oliveres pecha o ciclo de conferencias "Contra a Pobreza: Presiona"o martes 29 na cidade de Vigo

Arcadi Oliveres

Este Martes 29 de Decembro pechase a campaña "Presiona contra a pobreza" da Rede Social Galicia Sur, coa conferencia no Auditorio Centro Cultural Caixanova Marqués de Valladares S/N ás 19.30h do catedrático de economía aplicada na Universidad Autónoma de Barcelona, Arcadi Oliveres, o cal ofrecerá a conferencia "Acabar coa pobreza en tempos de crise".

 

Arcadi Oliveres licencíase en Ciéncias económicas o ano 1968 na Universidade de Barcelona. O 1993 se doutora presentando unha tese sobre o ciclo da economía de defensa e consegue unha praza de profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona.

Experto en relacións norte-sur, comercio internacional, débeda externa e economía de defensa, imparte tamén numerosas clases a nivel de mestría e posgrao en temáticas relativas a cooperación e desenvolvemento. Colabora habitualmente en diferentes movementos sociais , así como en diversas publicacións solidarias, e participa tamén en numerosas mesas redondas e conferencias sobre relacións norte-sur.

No seu último libro ¡En que mundo vivimos! reflexiona sobre, Que sabemos deste mundo? Pouca cousa; dísenos que estamos na sociedade da información, pero sabemos que é enganosa, parcial, tendenciosa...

O pouco que sabemos nos demostra que vai bastante mal...: 40 millóns de enfermos de sida; 700 millóns de persoas que ingresan un dólar ao día; cada día morren de fame 40.000 nenos e 30.000 adultos...

Por que vai tan mal, cales son as razóns da inxustiza? Unha parte importante da situación do Terceiro Mundo débese ao conxunto de relacións económicas inxustas que mantemos os países do Norte cos países do Sur e que tamén repercute internamente nos asalariados dos países ricos.

Sen dúbida a presenza de Arcadi na cidade de Vigo é un luxo que ningún cidadán vigués debería perderse. Esperamosvos.