Volver

19/01/2010

A exposición da Campaña Mundial pola Educación comezou a andar no CPR Santa Cristina

Exposición no CPR Santa Cristina

O pasado luns 18 de Xaneiro inaugurouse a exposición sobre a Campaña Mundial pola Educación que durante os próximos meses, se poderá ver en varios centros educativos de Vigo e a súa área metropolitana.

O primeiro centro en acoller esta exposición é o CPR Santa Cristina onde encontramos alumnas e alumnos de primaria e secundaria. A exposición conta con 8 paneis que recollen varias metas para alcanzar unha educación de calidade e universal. O obxectivo da campaña e da propia exposición é a de concienciar tanto o alumnado coma o profesorado que a educación debe de ser un dereito universal de calidade en todo o planeta e que o traballo de todas e todos neste sentido é vital.

A exposición foi recibida con grande entusiasmo polos diversos centros da zona e as datas para tela nestes están ocupadas ata mediados de marzo. De todas as maneiras calquera centro que este interesado na exposición pode poñerse en contacto coa delegación de Galicia de Educación Sin Fronteras.