Volver

02/02/2010

Día escolar da Paz e a Non Violencia no Ceip Chans Bembrive

Charla no Ceip Cháns de Bembrive

Como todolos anos Educación Sen Fronteiras estivo presente nos actos de este día celebrado en todolos centros de ensino do país.

 

Esta xornada celébrase dende 1964 e está recoñecida pola ONU dende 1993. Nesa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.

Esta celebración é, polo tanto, unha oportunidade máis de contribuír a que os centros se convertan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Por iso Educación Sen Fronteiras sempre esta presente, nesta ocasión no CEIP Chans de Bembrive onde tivemos a opurtunidade de estar con alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria. O obxectivo é claro facer que sexan as propias rapazas e rapaces os que den resposta a todolos interrogantes plantexados e que entendan o afortunados que son por estar sentados nunha cadeira e unha mesa na escola xa que millón de nenas e nenos no mundo non teñen acceso a educación.

Unha das ferramentas didácticas utilizadas é a película " Binta e a gran idea" de Javier Fesser. As nenas e os nenos de tódolos cursos estiveron moi atentos e moi participativos na charla posterior a película, e entenderon perfectamente que hai pobos ou países onde os mozos e mozas non teñen tanta sorte como elas e eles e non poden ir a escola. As ideas básicas que se transmitiron foron a importancia da educación para o verdadeiro desenvolvemento das persoas e dos pobos, e a importancia de loitar pola igualdade de oprtunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida.