Volver

02/02/2010

Propóntelos: unha nova exposición de Educación Sen Fronteiras en centros educativos e asociacións xuvenís

Exposición no Ceip O Pombal de Vigo

Desde o lúns 1 de febreiro O CEIP O Pombal en Vigo é o primeiro centro en desfrutar desta fermosa exposición de oito paneis explicativos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Os oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que abranguen dende a redución á metade da extrema pobreza, ata a detención da propagación do VIH/SIDA e a consecución do ensino primario universal para o 2015, constitúen un plan convido por todas as nacións do mundo e todas as institucións de desenvolvemento máis importantes a nivel mundial. Os obxectivos reavivaron esforzos sen precedentes para axudar aos máis pobres do mundo.

Os oito paneis da exposición están cheos de datos que invitan a reflexión dos espectadores, e é por iso o deseño do programa Pro|Póntelos. Un programa que busca incidir en adolescentes e novos, ofrecéndolles ser protagonistas a diferentes niveis, buscando, a través da súa propia participación, a construción dunha rede de persoas comprometidas coa construción dunha sociedade máis xusta e equitativa partindo dunha primeira tarefa, velar polo cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Ademáis da exposición Educación Sen Fronteiras reforza esta actividade de sensibilización cunha charla ás alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria para facerlles participes de que o cambio das realidades do mundo dependen en grande medida de nós mesmos.

Calquera centro ou asociación que quera desfrutar de esta exposición pódese por en contacto con nós a través do correo electrónico: esfgalicia@educacionsinfronteras.org