Volver

02/02/2010

Primeira parada dos representantes da organización Tarpurisunchis en Galicia

Antonio e Apolinario durante a sua charla no IES Alexandre Bóveda

O pasado lúns 1 de febreiro Antonio e Apolinario visitaron o IES Alexandre Bóveda de Coia en Vigo para observar o uso do galego nos centros educativos

Compre lembrar que Antonio e Apolinario son representantes da organización indíxena amiga de Educación Sin Fronteras, Asociación para a Promoción da Educación e o Desenvolvemento de Apurímac Tarpurisunchis e que o motivo da viaxe a terras galegas é o de profundizar no estudo do sistema lingüístico galego para poder aplicalo na sua rexión de Apurímac.

Na sua charla con alumnos de 1º de Bacharelato e 3º de ESO relataron o traballo que están a facer  para que o seu idioma materno que é o Quechua poida ser utilizado na escola. Falaron de como foi a súa educación imposta en castelán e como pouco a pouco foron rescatando a súa cultura e o seu idioma propio. Tamén falaron do gran problema que ao seu parecer ten o seu idioma que é a tradición escrita xa que prácticamente non existen os textos en Quechua e que potenciar isto é un dos eixes transversais do seu proxecto.

O encontro foi moi positivo xa que as alumnas e alumnos do centro coiense mostráronse moi interesados na cultura Quechua e fixeron moitas preguntas aos nosos amigos. Tamén cabe saliantar a ménsaxe de Antonio e Apolinario de que todalas linguas son necesarias e que a sua defensa e sua continuidade no tempo fan que a riqueza multicultural que ten o mundo non diminua. E aplicándose o dito Antonio e Apolinario despediron aos seus tertulianos cun "Graciñas".