Volver

10/02/2010

XI Foro de ONGD do Concello de Santiago

Imaxe do espazo de Educación Sen Fronteiras

O sábado 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, o Concello de Santiago organizou na Praza Roxa de Santiago de Compostela, en horario de 11.00 a 20.00 horas o XI Foro de ONGD

Nesta edición, o Foro das ONGD cambiou de escenario, trasladándose a unha carpa na Praza Roxa. Alí, o sábado 30 de xaneiro, as organizacións expuxeron e deron a coñecer á cidadanía Compostela os seus materiais didácticos, proxectos, produtos de comercio xusto e outras iniciativas. Tamén poideron respostar cara a cara as preguntas máis frecuentes da cidadanía nas actuacións das ONGD en situacións de emerxencia como foi o sismo de Haití e dar a coñecer a perspectiva das diferentes organizacións para a reconstrucción do país.

O Foro comezou co contacontos "Mario, o paxaro solidario" e cun obradoiro de artes plásticas, xusto antes do chocolate solidario. Logo, actuación musical do Trío da Escola Municipal de Música composto por Mario Diz ao violín, Luis Rivera á guitarra e Guillermo Alzugaray ao violonchelo.

Ás 13:00 horas tivo lugar un acto institucional, no que participou o alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo . No mesmo, Branca Novoneyra leu o Manifesto pola Paz e realizouse unha solta de pombas. As actividades continuaron pola tarde con máis contacontos e obradoiros ata o peche do Foro.

Como todolos anos Educación Sen Fronteiras estivo presente na cita compostelana co seu espazo, grazas aos nosos voluntarios na capital de Galicia. O obxectivo de Educación Sen Fronteiros é de achegarse a cidadanía e  facer chegar os seus proxectos e ideais de conseguir unha educación universal e de calidade en todolos recunchos do mundo. Así no seu espazo da Praza Roxa tivo todo tipo de materiais das diversas campañas nas que a organización está implicada como é Pro/Ponteos ou Debúxame un Dereito, así como o boletín da organización para dar unha información detallada de todolos aspectos da asociación