Volver

11/02/2010

O CPI A Cañiza envórcase con Haití

Unha das mesas con un dos petos

O pasado 30 de Xaneiro e no marco do día da paz, as alumnas e alumnos do CPI A Cañiza recadaron fondos para Haití.

Educación Sen Fronteiras segue recibindo mostras de solidariedade dentro do mundo educativo. Esta vez o centro CPI A Cañiza, fixo unha colecta de fondos para achegar o seu graniño de area a esta carreira de fondo que é reconstruír os dereitos fundamentais da poboación haitiana que o terremoto derrubou e visualizou para o resto do planeta.

Dentro das actividades realizadas no centro con motivo do día da paz, habilitáronse unha serie de petos para brindar ás alumnas e alumnos e tamén a todo o persoal do centro tanto docente coma non docente a oportunidade de colaborar coa súa achega ás accións de ESF na zona fronteiriza.

O 100% das doazóns recibidas estes días serán destinadas a proxectos que temos coas nosas organizacións socias dominicanas que traballan con poblacion haitiana na zona de fronteira con Haití. En ESF levamos anos traballando na reivindicación dos dereitos da poboación haitiana, que se encontra a miúdo gravemente privada dos servizos máis básicos de saúde ou educación,  aínda de nacer na República Dominicana. É unha grave situación ante a que debemos multiplicar os nosos esforzos polo número de persoas que desexan cruzar a fronteira dende Haití a consecuencia do terremoto.