Volver

02/11/2011

ESF participa nas Xornadas de Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento e Acción Humanitaria en Ferrol

Curso Ferrol 1

As xornadas, de 15 horas de duración tiveron lugar en Ferrol os días 27 e 28 de outubro no campus de Esteiro na facultade de enfermería e pedagoxía.

 A Escola de Enfermería e Podoloxía do campus de Ferrol acolleu o 27 e 28 de Outrobro a celebración das primeiras Xornadas de Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento e a Acción Humanitaria organizadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV). Unhas 25 persoas tomaron parte nun ciclo que levou ao campus ferrolán profesionais e organizacións expertas neste ámbito.

A cita abriuse ás nove da mañá coa inauguración por parte do vicerreitor Luis Barral, para de seguido comezar coas conferencias. O experto en cooperación Xosé Luís Pastoriza impartiu a primeira charla, centrada nas políticas de cooperación internacional e axentes de cooperación cun brilante exposición baseada no reparto de béns e servizos no mundo.

O respecto polos dereitos humanos e a defensa de interculturalidade, foi a temática desenvolvida polo técnico de Educación Sen Fronteiras Miguel Rodríguez que a través da curtametraxe de Javier Fesser "Binta e a gran idea" reflexionou sobre a cultura do norte e a importancia de ser conscientes do mundo que estamos a crear. Varias charlas coloquio e unha mesa redonda completarán o primeiro día de curso.

O venres pechouse as xornadas con conferencias centradas fundamentalmente no ámbito da acción humanitaria. Para falar disto contouse coa presenza do colaborador da ONG Médicos Sen Fronteiras Fran Román Losada, quen nos últimos anos realizou diferentes misións en zonas de conflitos armados como Angola, Bolivia, Sudán, Kenia, Uganda ou Etiopía. Román quixo deixar claras as diferencias entre a acción humanitaria e a cooperación ao de-senvolvemento, salientando entre os principais obxectivos da primeira “aliviar o sufrimento das persoas inmersas nunha crise humanitaria e garantir a súa vida”. Un paso imprescindible para, a continuación, e unha vez rematado o propio conflito, poder emprender actuacións que contribúan ao desenvolvemento.

As xornadas complementaranse cunha exposición de fotografías dos PCR 2010, os proxectos de coñecemento da realidade levados a cabo polo estudantado da Universidade da Coruña en países en vías de desenvolvemento