Volver

25/11/2011

Últimos días para visitar "Portas" en Vigo

Exposición Puertas

A exposición "PORTAS", unha novidosa exposición que descifra o mundo en que vivimos na Casa Das Artes de Vigo, despídese da cidade olívica o próximo mércores 30 de Novembro con máis de 3.000 visitantes.

A mostra descifra paso a paso o mundo en que vivimos. Para o tratamento dos temas utilizáronse 46 portas (metáforas do noso mundo: portas de avión, de supermercados, de caixas forte de minas, de neveiras, de escolas, etc.), 22 vídeos e proxeccións, sons direccionais, olores, rastros...

Unha viaxe por catro mundos que comeza no salón da nosa casa

A exposición comeza no salón da nosa casa -o Mundo 'Feliz' -, onde o mobiliario e os obxectos teñen unha coloración esbrancuxada que os uniformiza de xeito case espectral. Neste universo monocromático, só algúns elementos teñen cor -un filete de carne, unha chaqueta de algodón, un teléfono móbil e un xoguete de plástico- dos que saen rastros que atravesan as paredes do Mundo 'Feliz' e nos conducen cara ao ...

 ...Mundo Real. Alí coñeceremos a longa viaxe que realizan estes produtos ata chegar ás nosas mans, deixando ao seu paso un rastro de danos e beneficios: por que os nosos móbiles teñen relación cos conflitos armados en África? por que o filete do noso xantar deforesta a Amazonia? por que os xoguetes dos nosos fillos teñen que ver coa 'guerra do petróleo'?

 A continuación, chegamos ao mundo dos Falsos Remedios. Alí descubrimos por que as actuais receitas contra a pobreza non deron resultado e por que as políticas agrarias perderon de vista a súa función: alimentar a xente.

Por último, o Mundo Posible formúlanos un cambio de políticas e de enfoques. Recórdanos que coas nosas decisións construímos o mundo que queremos.

Máis de 20 centros educativos e diferentes organizacións da cidade de Vigo xa visitaron esta exposición que non deixa a ninguén indiferente e que pretende facer reflexionar o espectador do mundo no que vive, e que é parte dos moitos problemas existentes no noso planeta, pero que tamén é parte activa da solución.

A exposición poderase visitar ata o próximo mércores 30 de Novembro nos seguintes horarios:

De lúns a venres de 18:00 a 21:30

Sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30

Na Casa Das Artes de Vigo na rúa Policarpo Sanz número 14.

A Alcaldía de Vigo - Concellería de Política de Benestar, Concellería de Cultura e Festas-, así como o Consello de Cooperación Internacional e Solidaridade de Vigo apoian este proxecto de sensibilización para concienciar a poboación da rexión, xunto con outras institucións como a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) que promoven esta mostra. A exposición está organizada pola Plataforma 2015 y Más -formada por 17 ONG que defenden unha globalización alternativa, capaz de devolver a dignidade humana a centos de millóns de persoas hoxe excluídas- e producida por CIPÓ Company, empresa adicada á concienciación social.