Volver

19/12/2011

Celebración do XX Aniversario da Coordinadora Galega de ONGD

Presidenta Coordinadora Galega de ONGD

A Coordinadora Galega de ONGD celebrou o pasado 16 de decembro o seu 20º aniversario presentando o libro Cooperando. XX anos de traballo solidario en Galicia, unha publicación que conta coa colaboración de persoas que ao longo destas dúas décadas participaron activamente no traballo desenvolvido na Coordinadora.

 

Para presentar o libro contouse co autor do limiar e Vicerreitor de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Francisco Durán. Na súa intervención, Durán fixo un percorrido polos primeiros anos da Coordinadora e lembrou os crítico momento no que se decidiu apostar por unha cooperación baseada no desenvolvemento dos pobos e non no asistencialismo. Un feito que combulsionou a Coordinadora e marcou un antes e un despois nas ONGD integradas.

O acto, foi dirixido pola actual presidenta da Coordinadora, Gema Filgueira, e contou coa presenza de persoal contratado e voluntario das ONGD, representantes da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, representantes de partidos políticos, da universidade, etc. Tamén contou coa intervención de persoas que formaron parte da Xunta Directiva: o ex vicepresidente Xulio Rodríguez, de Veterinarios sen Fronteiras; o ex presidente Emilio Martínez, de Intermón Oxfam; e o último presidente da Coordinadora, Xosé María Torres, de Farmamundi.

Nas súas intervencións, lembraron anécdotas deses anos, recordaron ás persoas que pasaron polas distintas Xuntas Directivas e a Secretaría Técnica e emprazaron a todas as persoas presentas a seguir traballando na loita contra a pobreza.

Por último, Gema Filgueira fixo entrega de agasallos de Comercio Xusto, facilitados pola Comisión de Comercio Xusto, a todas as persoas que colaboraron no libro e aos ex presidentes presentes no acto.

Podedes descargar o libro gratuitamente desde a páxina Web da Coordinadora Galega de ONGD.

 

Fuente: Coordinadora Galega de ONGD