Volver

22/02/2010

Sinaturas e goles pola educación en Galicia

Cartel 1GOL galego

A Semana de Acción da Campaña Mundial pola Educación ten lugar todos os anos en abril e representa unha oportunidade para que todos os nenos e nenas, docentes, nais, pais e persoas de todo o mundo esixan colectivamente o dereito á educación

Como todos os anos Educación Sen Fronteiras está presente no proxecto da campaña mundial pola educación que este ano nos presenta: 1 Gol Pola Educación. Este ano, a campaña levará a cabo a Lección pola Educación de Todos e Todas de 1 GOL e o tema será o 'financiamento dunha educación pública de calidade: un dereito de todas as persoas'.

Educación Sen Fronteiras traballará con todolos centros educativos que así o desexen aportando as unidades didácticas da campaña e aportando todo o material que os centros educativos precisen, as unidades didácticas de primaria e secundaria as podedes descargar ao final desta mesma nova. Tamén faremos un acto central no mes de abril que polo de momento o deixamos como sorpresa pero que seguro terá unha grande repercusión.

As cifras falán por si solas e hoxe a 72 millóns de nenas e nenos en todo o mundo négaselles a oportunidade de asistir á escola. E para todas e todos os que se pregunten en como pode afectar a educación nas vidas das persoas queremos aportar un dato demoledor: Todo neno ou nena que asiste á escola gañará un 10% adicional por cada ano escolar que reciba e terá un 50% menos de probabilidades de contraer SIDA/HIV se logra completar a Escola Primaria.

Esta situación pode cambiar e ti podes ser responsable do cambio. Dende o ano 2000, hai 40 millóns máis de nenos escolarizados. A educación combate a pobreza, e é por iso esta campaña tamén quere presionar aos dirixentes mundiais para que consigan unha educación universal de calidade para todas e todos, e para iso precisamos a tua sinatura.

QUEREMOS ACADAR 30 MILLÓNS DE SINATURAS EN TODO O MUNDO

METE 1 GOL POLA EDUCACIÓN. ENTRA E ASINA

 

Comentarios - 6

  • 3 Equipo ESF 23-02-2010 - 19:12h

    Dende o equipo de ESF queremos darvos as grazas Yolanda e Fernando por deixar os vosos comentarios. Esta iniciativa ten o seu pilar no mundo educativo pero queremos involucrar a todolos ámbitos sociais para facer unha verdadeira concienciación sobre a importancia da educación para o desenvolvemento humán.
    Deixovos dous correos electrónicos por se queredes consultar calquera cousa ou por se queredes por en contacto con nós a calquera centro educativo, profesorado, ou persoal vinculado a educación que coñezades: galicia.comunicacion@educacionsinfronteras.org e esfgalicia@educacionsinfronteras.org.

    De verdade moitas grazas polos ánimos e para o que queirades aquí estamos.

  • 2 fernando 23-02-2010 - 14:11h

    hola, espero que teñades moito esito hai que axudar aos rapazes e educalos sorte e contade con migo unha preta

  • 1 Yolanda Martínez Cores 22-02-2010 - 20:08h

    Hola! gracias pola información, tendes o meu apoio para esta iniciativa tan importante e fundamental, contade conmigo para calquera actividade na que precisedes voluntarios para participar na propia iniciativa, mandademe toda a información que vos creades pertinente,

    Sen mais,un saudiño desde Santiago!!