Volver

22/02/2010

Sinaturas e goles pola educación en Galicia

Cartel 1GOL galego

A Semana de Acción da Campaña Mundial pola Educación ten lugar todos os anos en abril e representa unha oportunidade para que todos os nenos e nenas, docentes, nais, pais e persoas de todo o mundo esixan colectivamente o dereito á educación

Como todos os anos Educación Sen Fronteiras está presente no proxecto da campaña mundial pola educación que este ano nos presenta: 1 Gol Pola Educación. Este ano, a campaña levará a cabo a Lección pola Educación de Todos e Todas de 1 GOL e o tema será o 'financiamento dunha educación pública de calidade: un dereito de todas as persoas'.

Educación Sen Fronteiras traballará con todolos centros educativos que así o desexen aportando as unidades didácticas da campaña e aportando todo o material que os centros educativos precisen, as unidades didácticas de primaria e secundaria as podedes descargar ao final desta mesma nova. Tamén faremos un acto central no mes de abril que polo de momento o deixamos como sorpresa pero que seguro terá unha grande repercusión.

As cifras falán por si solas e hoxe a 72 millóns de nenas e nenos en todo o mundo négaselles a oportunidade de asistir á escola. E para todas e todos os que se pregunten en como pode afectar a educación nas vidas das persoas queremos aportar un dato demoledor: Todo neno ou nena que asiste á escola gañará un 10% adicional por cada ano escolar que reciba e terá un 50% menos de probabilidades de contraer SIDA/HIV se logra completar a Escola Primaria.

Esta situación pode cambiar e ti podes ser responsable do cambio. Dende o ano 2000, hai 40 millóns máis de nenos escolarizados. A educación combate a pobreza, e é por iso esta campaña tamén quere presionar aos dirixentes mundiais para que consigan unha educación universal de calidade para todas e todos, e para iso precisamos a tua sinatura.

QUEREMOS ACADAR 30 MILLÓNS DE SINATURAS EN TODO O MUNDO

METE 1 GOL POLA EDUCACIÓN. ENTRA E ASINA

 

Comentarios - 6

  • 6 Eva Q. 08-05-2010 - 14:06h

    Gol metido! Espero que sigan aumentando...
    Por la educación! Por la libertad!

  • 5 Teresa 24-02-2010 - 21:56h

    Aquí deixo o meu gol pola educación. Cómpre unirse por acadar este soño; cada neno do mundo vai a súa escola. escolas de todos os tamaños, de todas as cores, pero todas intentando facer novos ciudadanos libres que loitarán por ter un mundo mellor.
    Sen educación non o poderán facer, axúdemoslles.

  • 4 Lucía F 23-02-2010 - 19:43h

    Tentei por 2 veces deixar a minha sinatura para axudar ao marcaxe dese gol tan necesario para tantos (a educación é liberdade) mais non puiden........saíame erro no procedemento :-(