Volver

04/01/2012

Video Memoria CME 2011 Galicia

Máis de 4.000 alumnos e alumnas de máis de 45 centros de toda Galicia participaron no 2011 traballando os materias didácticos da Campaña Mundial pola Educación para esixirlle aos líderes políticos de Galicia un compromiso orzamentario que axude a que os 67 millóns de nenos e nenas sen escolarizar no mundo, poidan acudir a escola no 2015.

Miles de persoas reivindicaron este pasado 2011 o dereito á educación das nenas e as mulleres en Galicia. Localidades como Valença (Portugal), Ferrol, Viana do Bolo, Santiago de Compostela e  Vigo celebraron actos durante a Semana de Acción Mundial pola Educación  que, baixo o lema "A educación non é un conto" quixo, un ano máis, facer chegar á sociedade civil e aos líderes políticos a mensaxe de que é posible conseguir o o acceso universal á escola.

Obradoiros, lecturas de contos e testemuños, videoforum, exposicións, mesas redondas, e o acto central coas embaixadoras da CME no Parlamento de Galicia son algunhas das actividades realizadas durante a Semana de Acción Mundial pola Educación 2011, para esixir aos representantes políticos e á sociedade civil a educación para todos e todas.

Así podémolo ver neste precioso vídeo-resumo elaborado polo consorcio galego da CME , e que describe de forma moi visual cal é o obxectivo da Campaña Mundial pola Educación. Unha vez máis, parabéns a todas as organizacións polo seu traballo.