Volver

25/04/2012

Máis de 300 escolares vigueses defenden o dereito á Educación para todo e todas as nenas e nenos do Mundo.

SAME Vigo 2012

Hoxe celebrouse en Vigo no colexio Apóstol Santiago o acto da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) que reivindica unha Educación de Calidade para Todos e Todas as nenas do mundo. Alumnado do Colexio Apóstolo Santiago e do IES República Oriental do Uruguai déronse cita no salón de actos do centro Apóstol Santiago para facer chegar as súas peticións á representante da corporación municipal, Isaura Abeleiras, Concelleira de Benestar Social e Presidenta do Fondo de Cooperación Galego.

Emotivo acto o celebrado hoxe na cidade de Vigo pola Campaña Mundial pola Educación. Un auditorio repleto de nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos aplaudiu con moita forza para facer chegar os seus mensaxe aos representantes políticos e que estes ademais de oílo o escoiten: EDUCACIÓN DE CALIDADE para todos e todas as nenos e nenos do mundo.

Ademais dos máis pequenos que cantaron e xogado para dar apoio aos máis de 67 millóns de nenos e nenas que non van ao colexio no Mundo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do Colexio Apóstolo mostraron o seu apoio pegando as súas fotografías dos seus primeiros días no colexio para incidir a importancia da educación nos primeiros anos para todos e todas.

Era a quenda das peticións, das que se encargaron alumnos e alumnas do IES República Oriental do Uruguai lendo o manifesto e que podemos resumir en:


- Traballar para asegurar o dereito á educación para todos e todas as nenas e nenos do mundo.

- Dar importancia á atención e educación dos nenos e nenas máis pequenos.

- Loitar contra a pobreza, fortalecendo o compromiso coa Axuda ao Desenvolvemento que se dedica a Educación.

Ademais trasladaron á Concelleira de Benestar Social e Presidenta do Fondo Galego de Cooperación Isaura Abeleiras a idea de que a cooperación non é unha esmola para tempos de bonanza económica, senón que é un compromiso de xustiza coas persoas máis desfavorecidas do mundo e que a crise non pode ser unha escusa onde auspiciar os recortes nesta materia.

O final do acto estivo protagonizado pola propia concelleira. Isaura ( durante moitos anos profesora de infantil) relatou o importante que é a educación para o desenvolvemento persoal de todos e todas, e mesmo, atreveuse a cantar unha canción con dous nenos de 4 anos.


Por último Isaura Abeleiras asinou a lona que recollía o traballo dos diversos centros educativos de Vigo que traballaron a campaña este 2012, (ademais dos xa citados tamén participan o EEI Vilalaura, o CPR Plurilingüe Montesol e ATEGAL) e que mostraba centos de fotografías dos primeiros días de colexio do alumnado que traballou a campaña, comprometéndose deste xeito a loitar porque Vigo se poña á cabeza das cidades do mundo que loita pola erradicación do analfabetismo.

 

Comentarios - 1

  • 1 LFAEfLFwieucvr 09-11-2012 - 02:31h

    Eu vino ao principio, pero agora xa non. Debe ser a versi n a pilas do esduco.De todos os xeitos, non lle vexo eu moita diferencia entre po er a central electrica dos playmobil a po er un cop n cunhas hostias.