Volver

17/03/2010

Educación Sen Fronteiras e o Museo Marco de Vigo organizan unha mañá de xogos e contacontos

Xogo dos Dados

O pasado sábado 13 de Marzo as nenas e nenos vigueses puideron desfrutar de máis de duas horas de xogos e aprendizaxe grazas ao equipo de voluntarias de Educación Sen Fronteiras e ao persoal do Marco que organizaron  este obradoiro sobre os roles e estereotipos de xénero

O obxectivo deste obradoiro foi buscar a reflexión das rapazas e rapaces sobre que é o xénero, e sobre os distintos roles que unha persoa asume na sociedade polo feito de ser home ou muller : dende aqueles que aparecen nos xogos, ata as profesións, pasando polos quefaceres domésticos. Foi curioso observar que a pesar de que o público asistente era moi cativo, xa teñen ideas na cabeza, como que as mulleres cociñan mellor que os homes, e que os homes saben arreglar mellor os coches.

Por iso as actividades deseñadas buscaban romperlle os seus esquemas e facerlles pensar por si mesmos.

Así a primeira actividade foi un contacontas que relatou a historia de "Furacazolos e Botaborrallas" (Isabel Fidalgo Suárez) que tenta reflectir os roles de xénero nas tarefas da casa e na reparación de averías e que busca a reflexión dos nenos e nenas plantexándolle preguntas como: Na túa casa, quen limpa e recolle? e, quen colga os cadros e pinta as paredes? . O obxectivo foi claro tentar facerlles entender que da igual ser unha nena ou un neno que todos somos persoas e que todas e todos podemos facer calquera cousa.

Na segunda actividade, utilizáronse dous dados xigantes que os cativos lanzaban a vez. Nun dado os membros dunha familia, e noutro posibles actividades: construcción, mecánica, perruquerá, cociña. O obxectivo era o mesmo, e coñecer a reacción das rapazas e rapaces na asociación de traballo e sexo e facerlles ver que a sua profesión do futuro non ten que estar ligada ao seu sexo e que poden ser o que elas e eles queiran.

E para iso a última actividade: A construcción dun pequeno libro onde recolléronse os debuxos de todas e todos os nenos e onde eles mesmos debuxábanse facendo o traballo que lles gustaría facer cando medrasen, resultando un libro moi variado e moi pouco estereotipado.

Con esta actividade  na conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, Educación Sen Fronteiras quere amosar o seu compromiso coa educación e que está debe de ser un motor imprescindible na transformación das relacións desiguais de xénero en todolos países do mundo e en todolos ámbitos da sociedade.