Volver

22/03/2010

O Olivo Caixanova é o primeiro equipo galego en sumarse a Campaña Mundial Pola Educación

Xogadores e corpo técnico posando coa lona

O clube vigués de fútbol feminino amosou a súa implicación na campaña 1 GOL participando na mesma mediante a realización de fotografías e videos na súa sesión de adestramento nos campos da Madroa

Un histórico do fútbol feminino galego e todo un referente na cidade de Vigo tanto no plano deportivo coma no plano social foi o primeiro equipo en unirse a esta ambiciosa campaña.

1 GOL congrega futbolistas, seareiros, organizacións, empresas e individuos co fin de presionar aos dirixentes e lograr o obxectivo de que todas as persoas teñan acceso á educación en calquera recuncho do planeta. Ao sumarte ao equipo de 1 GOL, reforzas a voz da campaña e as posibilidades de que a nosa acción teña éxito.


Dende estas lineas queremos agradecer tanto á directiva do clube Olivo Caixanova, como ao corpo técnico coma as súas xogadoras o compromiso coa nosa campaña e desexarlle os maiores éxitos deportivos.