Volver

23/03/2010

O Real Club Celta de Vigo xa mete Goles Pola Educación

Roberto Trashorras

Fran Noguerol, Ismael Falcón e Roberto Trashorras capitáns do conxunto celtiña e en representación de todo o plantel, asinaron pola campaña 1 Gol pola Educación e animan a todolos seareiros a unirse a este gran reto.

A colaboración do Celta de Vigo a través da Fundación Celta de Vigo coa Campaña Mundial pola Educación está sendo exemplar. A Fundación, ve a Educación, como un instrumento chave para a formación das persoas. O traballo coas categorías bases do clube é vital, onde os estudos son parte fundamental da actividade deportiva e búscase que tanto as rapazas e os rapaces do club comprendan o valor da educación para o desenvolvemento personal en todalas facetas da vida.

Por este motivo a Fundación Celta de Vigo apoiou dende o seu comezo a Campaña 1 Gol xa que ten claro que a Educación remata coa Pobreza, e brinda a cada un as ferramentas necesarias  para progresar.

. A educación é a chave para romper o ciclo da pobreza para familias, comunidades e nacións.
. Favorece o crecemento económico, a democracia e a un futuro máis estable.
. A educación é a mellor ferramenta da que dispoñemos para combater a pobreza; é o investimento que sempre se amortiza por si mesma: ao recibir educación, todo neno ou nena poderá gañar máis diñeiro para manter mellor a súa familia.
. Todo neno ou nena que vaia á escola gañará un 10% adicional por cada ano escolar que reciba e terá un 50% menos de probabilidades de contraer SIDA/VIH se logra completar a Escola Primaria.

A Educación para Todas e Todos é unha necesidade urxente para superar a pobreza, as enfermidades e a fame. A educación pode ofrecer esperanza e un futuro a nenos e nenas en países en desenvolvemento que desesperadamente merecen unha oportunidade na vida.

Os tres xogadores do Celta amosáronse moi concienciados con este acto estando moi participativos e colaboradores con esta campaña e animando a todolos e todalas seareiros e seareiras do fútbol galego a asinar por 1 GOL.