Volver

31/03/2010

Os xogadores e o corpo técnico do Octavio Pilotes Posada tamén meten o seu GOL pola educación

Octavio Pilotes Posada

A sesión de fotos e videos realizouse durante un adestramento do equipo académico e nela participou todo o conxunto aínda que nos videos fosen o adestrador Quique Domínguez e tres xogadores do equipo, Iván Infestas, Pablo Macías e Jose Cerillo os máis lanzados para saír neles

Un equipo histórico da Liga Asobal de balonmán como é o Octavio Pilotes Posada sumou o seu apoio a esta gran campaña na que se está a converter 1 GOL. O Octavio, un club comprometido coa canteira e co balonmán base súmase a esta iniciativa xa que cre na educación como a ferramenta básica para o desenvolvemento das persoas e polo tanto dos seus pobos.

O acceso a unha educación básica de calidade é un reto aínda pendente nos países pobres do planeta. Hai 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar e un número maior aínda non completa sequera 5 anos de educación. Para os que a finalizan, a educación recibida é de tan mala calidade que apenas proporciona as aprendizaxes necesarias para superar a pobreza. A combinación de falta de acceso á educación ou a mala calidade desta ten como resultado millóns de adultos analfabetos no mundo. Isto constitúe unha violación masiva de dereitos fundamentais, ademais dun desperdicio de potencial humano para o desenvolvemento dos pobos.

Dende a coalición galega da Campaña Mundial pola Educación queremos agradecer ao Octavio o seu compromiso con esta Campaña,e invitalos a seguir colaborando e participando nesta e desexarlle sorte neste final de competición que lles queda e que seguro que resolven de xeito maxistral.