Volver

11/04/2010

Aldasa Amfiv e Club Vigo Voleibol súmanse a festa a prol da Educación

Plantel do Aldasa Amfiv

Dous clubes históricos da cidade olívica asinaron a semana pasada na campaña 1 GOL pola educación que pretende conseguir 30 millóns de sinaturas en todo o mundo para presionar aos líderes mundias a que cumpran as suas promesas e que no ano 2015 o acceso a educación primaria sexa Universal para todas e todos os nenos do mundo

A campaña 1 Gol pola educación segue a sumar apoios dentro do panorama deportivo galego. Desta vez dous clubes históricos como o Aldasa Amfiv e o Clube Vigo Voleibol mostráronse encantados coa posibilidade de colaborar para conseguir unha Educación para Todas e Todos.

 O Amfiv nace no ano 1982 co obxectivo de conseguir unha rápida e eficaz integración social do minusválido físico mediante a práctica deportiva, e nestes 27 anos o clube conseguiu que moitos do seus membros participansen en eventos da magnitude de Xogos Paralímpicos de Seúl'88, Sydney'00 e Atenas'04; así como en moitos Campionatos do Mundo das distintas modalidades deportivas practicadas. Na actualidade é un referente do baloncesto en cadeira de rodas no panorama nacional e internacional.

 O Clube Voleibol Vigo é outro dos equipos históricos da cidade e cos seus 41 anos de traxectoria é o máximo expoñente do voleibol masculino galego. Este ano 2010 pasará a historia do clube por dous grandes éxitos deportivos: voltar a élite do panorama nacional do voleibol subindo a Superliga, e gañar a Copa do Principe.

 Os xogadores de ámbolos dous planteis mostráronse encantados de poder colaborar con esta campaña, e afirmaron que hai que conseguir que eses 72 millóns de nenas e nenos que a día de hoxe non poden asistir á escola, o fagan o antes posible. 1 Gol pretende mobilizar a toda a sociedade para que lle esixan aos seus líderes políticos que se cumplan os compromisos adquiridos polos líderes mundiais no ano 2000 en Dakar