Volver

19/04/2010

Educación 4 Pobreza 0 na matinal do domingo no estadio de Balaídos

Xogadores do Celta ao comezo do encontro

Duas rapazas e dous rapaces do Colexio Apostol  Santiago de Vigo lanzaron 4 penaltis a prol da Educación Universal de Calidade para Todas e Todos durante o tempo de lecer do encontro Celta-Betis da Liga Adelante.

Na trixesimoterceira xornada da Segunda División o choque entre dous equipos históricos do fútbol español chegaba a Balaídos, e chegaba co marco da campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN a cal está desenvolvendo a coalición galega da CME formada por: Educación Sen Fronteiras, Entreculturas, Seminario Galego de Educación para a Paz, InteRed, Axuda en Acción e Xóvenes e Desenvolvemento.

O acto desenvolveuse en dous momentos:

-Antes do comezo do partido nos videomarcadores mostráronse imaxes da campaña e os dous equipos fixéronse a foto inicial cunha lona conmemorativa da campaña entre ambos. Para rematar este primeiro acto os xogadores do Celta de Vigo fixéronse a foto oficial do encontro suxeitando a lona.

-Foi no tempo de lecer cando os catro representantes do Colexio Apostol Santiago de Vigo sairon ao cespede do estadio vigués para lanzar catro penaltis. E mentres o speaker de Balaídos explicaba ás bancadas os aspectos da campaña, as seareiras e seareiros de Balaídos aplaudían os goles das rapazas e rapaces, sobre todo un que foi un verdadeiro golazo pola educación por toda a escuadra.

Dende aquí agradecer ao Celta de Vigo e a duas persoas da Fundación Celta como son Carmela Cuevas e Fernando Rodríguez pola colaboración que están prestando coa CME, e desexarlle ao clube uns grandes resultados nos próximos encontros.

Tamén queremos lembrarlle a todolos seareiros e seareiras, que buscamos conseguir 30 millóns de sinaturas para procurar que eses 72 de millóns de rapazas e rapaces que non poden asistir a escola o fagan canto antes,e que durante esta semana de Abril poderán ver os diferentes actos que se celebraran en diversas cidades Galegas, en Vigo o mércores 21 na Madroa.