Volver

23/04/2010

Educación Sen Fronteiras estará presente na I Xornada Intercultural do concello da Estrada

Cartaz da Estrada

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada organiza, para o vindeiro día 24 de abril, a I Xornada Intercultural, que se celebrará na Praza da Constitución en horario de 16 a 21 horas. Esta xornada incluirá músicas e danzas do mundo, , obradoiros, xogos populares e exposición de Pro-póntelos sobre os obxectivos do desenvolvemento do milenio

O programa de actos inclúe as actuacións do grupo de Capoeira Nagó, que fará unha exhibición ás 17:00 horas e ás 18:30, para pechar a súa intervención cun espectáculo de lume ás 20:30. Tamén haberá música tradicional venezolana, a cargo do grupo Venezuela Tricolor, ás 17:30. Ás 19:30, será o momento do grupo de rap La Brocha Squad. A xornada clausurarase ás 21:00 horas coa actuación do grupo Os Ke Hai, de música tradicional galega, quen tamén participarán no acto de apertura ás 16:00 horas.

A partires das 19:00 h., as persoas que se acheguen poderán degustar pratos tradicionais de diferentes países, como por exemplo Marrocos, Ucrania, ou Venezuela, cociñados por residentes na Estrada desas nacionalidades.

Durante o evento, haberá ademais outra serie de actividades complementarias. Ás 17:15, comezará o obradoiro de pintura corporal con henna, unha tintura vexetal moi empregada nos países do norte de África.

Ao longo de toda a duración do mesmo, haberá unha mostra de artesanía internacional; tamén de produtos gastronómicos venezolanos, e de vestimenta típica marroquí. Para coñecer mellor as distintas culturas presentes na mostra, haberá proxección de imaxes e músicas do mundo, e unha exposición de pintura venezolana.

Para os máis cativos, desenvolverase un obradoiro de xogos do mundo.

A exposición de Educación Sin Fronteras Pro-pontelos terá a sua presenza para que as estredenses e os estradenses poidan ter unha maior información sobre os Obxectivos do Milenio. Esta é unha declaración acordada polos 192 países membros das Nacións Unidas, e contempla 8 obxectivos polos que os asinantes deben loitar: erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr o ensino primario universal; promover a igualdade de xéneros e a autonomía da muller; reducir a mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater o SIDA e outras enfermidades; garantir a sustentabilidade do Medio Ambiente; e fomentar a asociación mundial para o desenvolvemento.

Sen dúbida unha grande cita para aprender moitas cousas.

Comentarios - 1

  • 1 adriana leida yun 09-03-2011 - 02:11h

    necesito como es la educacion entre venezuela y colombia lo necesito lo mas rapido posible gracias