Volver

10/05/2010

Escolares de Tui e Valença gozan un primeiro encontro de xogos populares e meten o seu gol pola educación

Foi unha xornada de interculturalidade onde os rapaces e rapazas dos dous colexios compartiron xogos, desta maneira os escolares tudenses aprenderon o xogo da "malla", mentres que os de Valença coñeceron os de "a chave" e a rá".

Ademáis xogouse un partido final onde na primeira metade xogaron o equipo de Tui fronte o de Valença, pero na segunda metade as nenas e nenos de ámbolos dous lados da fronteira misturaronse facendo ver que neste partido o importante non son as cores nin as bandeiras, si non que o importante é garantir o acceso a educación de todos e todas as nenas do mundo.

As autoridades presentes por ambolos dous países poideron observar unha xornada de compañerismo, solidaridade e de traballo en equipo entro os cativos dos dous países, que aínda que non falen o memo idioma si persiguen un mesmo soño: un mundo máis xusto e mellor para todas e todos.