Volver

24/04/2013

200 rapaces e rapazas de A Coruña reclaman que sen profes non hai escola

SAME A Coruña 2013

Con motivo da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) -que promove a Campaña Mundial pola Educación (CME) con apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID)-, tivo lugar o acto celebrado na Coruña no salón de actos do Forum Metropolitano de A Coruña. Este acto quixo achegar as reivindicacións da CME á sociedade en xeral e ao goberno local de A Coruña representado polo director do área de Educación Juan Carlos Varela Vázquez.

 

Alumnado de diferentes centros galegos (Colexio Santa María do Mar, Colexio Compañía de María, IES Agra do Orzán, IES Elviña,IES Rafael Puga e IES de Monelos) déronse cita no salón de actos do Forum Metropolitano para reivindicar o dereito á educación para todas as persoas do mundo. En total máis de 200 alumnos e alumnas participaron neste acto conducido con mestría por Juanjo Fernández (voluntario da CME).

As e os vogais dos diferentes centros educativos subiron ao escenario para contar o que traballaran nas súas clases a través dos materiais didácticos que a propia CME comparte para traballar a campaña. Así cada centro nos relatou cales son ás características do seus profesores ideais e as razóns polas que pensan que é importante que os máis de 61 millóns de nenos e nenas que non teñen acceso a educación poidan conquerir este dereito humán básico.

same 2013 Galicia

Tamén participou no acto subindo ao estrado Juan Carlos Varela Vázquez que tamén nos falou do seu profesor ideal así como recoñeceu a valía dos docentes e a importancia que teñen non só para o desenvolvemento persoal do alumnado se non das sociedades en xeral.

Para finalizar o acto o mestre de cerimonias Juan José Fernández leunos o manifesto da CME. Desta vez os que asinaron o manifesto foron os e as docentes que participaron no acto que se comprometeron a seguir loitando polos dereitos dos máis pequenos tanto aquí como acolá.