Delegación de Galicia - Actualidad
-
20/11/2010 - 20/11/2010
Foro de ONGD e concerto da "Habitación Roja" en Vigo para esixir o cumplimento dos ODM
O Consello Municipal de Solidariedade e Cooperación Internacional invita a cidadanía viguesa a unha xornada de coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, co Foro de ONGD onde Educación Sen Fronteiras estará presente, e cun concerto como fin de festa.
-
29/11/2010 - 30/11/2010
Curso de xénero con pertinencia cultural na eduación para o desenvolvemento
O Consorcio formado polas Ong's: Acsur-Las Segovias Galiza, Arquitectos Sen Fronteiras, Farmamundi Galicia, Educación Sen Fronteiras e Solidaridade Internacional organiza o vindeiro días 29 y 30 de novembro o Curso "xénero con pertinencia cultural na eduación para o desenvolvemento".
Dirixido a: 25 persoas, procedentes de movementos sociais, entidades educativas, administracións e demais organizacións que traballen na educación ao desenvolvemento.
-
19/10/2010
Asinado o Pacto Galego contra a Pobreza
O camiño polo Pacto remata co compromiso do PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG a adicar o 0,7 % do orzamento de Galicia a Axuda Oficial ao Desenvolvemento antes de 2017.
-
06/10/2010
Presentada a campaña «Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza»
Esta mañá foi presentada en rolda de prensa a campaña «100 km x 1 pacto= Pobreza 0» que este ano, con motivo da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza, está a levar a cabo a Coordinadora Galega de ONGD da cal ESF Galicia é membro.
-
13/09/2010
A exposición Acurtando distancias educativas na Casa Solidaria de Ferrol
A mostra, Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador, foi inaugurada na Casa Solidaria de Ferrol polo alcalde da cidade Vicente Irisarri, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Cooperante o pasado 8 de Setembro.
-
02/09/2010
Educación Sen Fronteras Galicia visita varias comunidades da Municipalidade de Champerico que están dentro do Programa Oxlajuj Tzíkin en Guatemala
O pasado mes de Agosto, o Coordinador de ESF Galicia visitou as comunidades de San Miguel las Pilas, El Triunfo, María del Mar, Victoria 3 e Nova Cajolá, que xunto a outras 11 comunidades do municipio de Champerico participan no Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz´ikin.
-
01/09/2010
ESF Galicia e Bicis pola Paz reafirman a súa colaboración para desenvolver dous proxectos de Bicibibliotecas en Nicaragua e no Salvador
Educación Sen Fronteiras e Bicis pola Paz desenvolverán no 2010 dous novos proxectos de achegamento da educación a nenas e nenos de Nicaragua e O Salvador a través das organizacións locais UCRES (El Salvador) e IPADE (Nicaragua) mediante Bicibibliotecas.
-
09/06/2010
Envía unha tarxeta amarela pola Educación
Os líderes mundiais vanse reunir antes da final do Mundial en Cape Town para discutir a crise global en educación. Fagámoslles chegar un sinal de aviso que non poidan ignorar, e os fagamos saber que o gol que necesitamos marcar é educación de calidade para todos os nenos e nenas.
-
05/06/2010 - 05/06/2010
Educación Sen Fronteiras participará este sábado no Mercadillo Solidario de Cangas
Esta actividade é promovida polo Concello de Cangas dentro das Xornadas Interculturais que levan celebrándose en todos los centros educativos da vila durante os meses de abril e maio e que teñen como obxectivo acercar ás ONG,s e ás realidades dos países do sur a toda a sociedade canguesa.
-
27/05/2010
A canteira educativa galega ponlle un gran centro ao presidente Feijoo para que este poida marcar un golazo pola Educación
O alumnado de tres centros composteláns (CEIP López Ferreiro, IES Eduardo Pondal, e IES Rosalía de Castro) xunto con duas alumnas da USC conformaron o equipo de embaixadores e embaixadoras da campaña " 1 Gol pola Educación" e en representación de todo o alumnado galego que leva meses traballando a campaña, entregáronlle ao presidente da Xunta os balóns que fixeron as rapazas e rapaces galegos, ademáis de pedirlle a súa adhesión á campaña.