Volver

Delegación de Galicia - Actualidad

  • CONGACODE

    12/03/2010

    As ONGD galegas aproban o novo Plan Director da Cooperación para o periodo 2010-2013

    O pasado venres, 5 de marzo, celebrouse a primeira sesión do ano 2010 do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE), para tratar e discutir, entre outros asuntos, sobre a Avaliación do I Plan Director da Cooperación Galega 2006/2009, sobre o a proposta do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 e sobre o Plan Anual 2010

  • 1 gol pola educación

    08/03/2010

    Un xesto, un gol, toda a educación

    Temos a oportunidade de demostrar tanto as nenas e nenos sen escolarizar, como aos nosos propios fillos que, cando facemos unha promesa, somos capaces de mantela. Coa túa axuda, poderemos conseguir que millóns de seguidores non só animen aos seus equipos, senón tamén ao noso equipo: 1 GOL. É o noso momento; podemos conseguir sacar a millóns de nenas e nenos das sombras da ignorancia e iluminar as súas vidas co legado da educación

     

  • Cartel 1GOL galego

    22/02/2010

    Sinaturas e goles pola educación en Galicia

    A Semana de Acción da Campaña Mundial pola Educación ten lugar todos os anos en abril e representa unha oportunidade para que todos os nenos e nenas, docentes, nais, pais e persoas de todo o mundo esixan colectivamente o dereito á educación

  • Exposición en Soutomaior

    16/02/2010

    O CPI Manuel Pandín Truiteiro de Soutomaior proponse os obxectivos do milenio

    Dende o pasado venres de entroido ata o venres 27 de febreiro as alumanas e alumnos do centro de Soutomaior poderán gozar da exposición onde 8 paneis explican que son os ODM

  • Unha das mesas con un dos petos

    11/02/2010

    O CPI A Cañiza envórcase con Haití

    O pasado 30 de Xaneiro e no marco do día da paz, as alumnas e alumnos do CPI A Cañiza recadaron fondos para Haití.

  • Imaxe do espazo de Educación Sen Fronteiras

    10/02/2010

    XI Foro de ONGD do Concello de Santiago

    O sábado 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, o Concello de Santiago organizou na Praza Roxa de Santiago de Compostela, en horario de 11.00 a 20.00 horas o XI Foro de ONGD

  • Cartel do concerto Porriño con Haití

    08/02/2010

    Concerto solidario por Haití en O Porriño

    Máis de cinco horas de música solidaria para conseguir fondos para Haití.

    Unha noite solidaria foi a que vivimos o pasado venres 5 de febreiro no pavillón municipal do concello de O Porriño. Moitos grupos foron os que se deron cita no recinto porriñés e que tocaron dun xeito altruísta e solidario. O numeroso público que se congregou no pavillón gozou dun gran concerto con figuras do panorama musical galego como Uxía, ou grupos locais que están a empezar a asomar a cabeza no panorama nacional da música como Baldosa Amarilla que co seu pop-rock en español fixo vibrar ao público asistente.

    O diñeiro recadado con este concerto doouse a Educación Sin Fronteras e Médicos del Mundo, para que sexa destinado á axuda da poboación haitiana en favor das súas necesidades fundamentais e na reivindicación dos seus dereitos.

    Dende Educación Sen Fronteiras queremos agradecer aos organizadores do evento a súa dedicación e as súas ganas e felicitalos polo grande éxito alcanzado. Tamén queremos agradecer o apoio da sociedade porriñense que respondeu acudindo a este concerto. Queremos que esta xenerosa corrente solidaria que xurdiu tras o desastroso sismo de Haití calei na sociedade e así teñamos unha sociedade futura máis xusta e solidaria.

  • Antonio e Apolinario durante a sua charla no IES Alexandre Bóveda

    02/02/2010

    Primeira parada dos representantes da organización Tarpurisunchis en Galicia

    O pasado lúns 1 de febreiro Antonio e Apolinario visitaron o IES Alexandre Bóveda de Coia en Vigo para observar o uso do galego nos centros educativos

  • Exposición no Ceip O Pombal de Vigo

    02/02/2010

    Propóntelos: unha nova exposición de Educación Sen Fronteiras en centros educativos e asociacións xuvenís

    Desde o lúns 1 de febreiro O CEIP O Pombal en Vigo é o primeiro centro en desfrutar desta fermosa exposición de oito paneis explicativos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

  • Charla no Ceip Cháns de Bembrive

    02/02/2010

    Día escolar da Paz e a Non Violencia no Ceip Chans Bembrive

    Como todolos anos Educación Sen Fronteiras estivo presente nos actos de este día celebrado en todolos centros de ensino do país.