Delegación de Galicia - Actualidad
-
30/01/2010 - 04/02/2010
Membros da nosa organización socia Tarpurisunchis peruana visitan Galicia
A visita enmarcase dentro dunha viaxe máis ampla que os levará tamén a Cataluña e ao País Vasco para facer un completo estudo sobre o sistema plurilingüe de España.
-
19/01/2010
A exposición da Campaña Mundial pola Educación comezou a andar no CPR Santa Cristina
O pasado luns 18 de Xaneiro inaugurouse a exposición sobre a Campaña Mundial pola Educación que durante os próximos meses, se poderá ver en varios centros educativos de Vigo e a súa área metropolitana.
-
05/01/2010 - 05/01/2010
A Rede Social Galicia Sur continua coas suas reivindicacións na entrada do novo ano
Tras finalizar o mes da pobreza cero na cidade de Vigo
a Rede Social Galicia Sur continua co seu traballo e informa sobre a convocatoria dun novo acto: "Pon os teus zapatos para pedir o centro de inclusión social aos Reis Magos" de sensibilización e denuncia ante o reiterado incumprimento na posta en marcha do Centro de Inclusión Social na cidade de Vigo. -
23/12/2009
Arcadi Oliveres pecha o ciclo de conferencias "Contra a Pobreza: Presiona"o martes 29 na cidade de Vigo
Este Martes 29 de Decembro pechase a campaña "Presiona contra a pobreza" da Rede Social Galicia Sur, coa conferencia no Auditorio Centro Cultural Caixanova Marqués de Valladares S/N ás 19.30h do catedrático de economía aplicada na Universidad Autónoma de Barcelona, Arcadi Oliveres, o cal ofrecerá a conferencia "Acabar coa pobreza en tempos de crise".
-
03/12/2009
A exposición "Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador" estará na vila de Redondela todo o Nadal
En colaboración co Omix de Redondela e co Concello de Redondela, Educación sen Fronteiras traslada a exposición "Achégate a El Salvador" ao Multiusos da Xunqueira para que a cidadanía de Redondela poda ver de cerca o labor da organización.
-
02/12/2009
Decembro o mes para "Presionar contra a pobreza" na cidade de Vigo
A Rede Social Galicia Sur ( da cal forma parte Educación Sen Fronteiras) organiza unha serie de actividades para o mes de Decembro co obxectivo de sensibilizar á poboación viguesa sobre os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio (ODM) e concienciar de que somos a primeira xeración que pode acabar coa pobreza.
-
24/11/2009
Educación Sen Fronteiras participou nas "Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante"
A consellería de educacion e ordenación universitaria e Intered organizarón as xornadas "Eliminando Fronteiras" título que fai referencia a visión da escola como espazo educación inclusiva, xunto coa difusión e comprensión das realidades sociais e educativas existentes nos lugares de orixe deste alumnado.
-
18/11/2009
Intensa visita de Mercedes Sánchez a Galicia, cunha quente acollida por parte da cidadanía galega do concepto de Educación Popular
A coordinadora da área de xestión da Fundación CIAZO (contraparte de Educación Sen Fronteiras en El Salvador) puido compartir co público galego a realidade educativa dun país como o El Salvador e departir e profundizar sobre un concepto propio de Latinoamérica e quizais algo descoñecido nestas latitudes como é a Educación Popular.
-
18/11/2009
Galicia investirá un 0,4% menos respecto ós orzamentos de 2009 en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento
Xa temos o informe anual da Coordinadora Galega de ONGD ( para ver o informe completo entrar na páxina da coordinadora) ó respecto dos orzamentos para o ano 2010 en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento. Co nome " A cooperación galega no lusco e fusco da crise" a Coordinadora Galega de ONGD fai un detallado análise do proxecto de Lei de orzamentos presentado o pasado 19 de Outrubro.
-
11/11/2009
Mercedes Sánchez Vides, Coordinadora da área de xestión da Fundación de Educación Ciazo visita Galicia
Os días 14,15 e 16 deste mes contaremos co privilexio de ter por Galicia a unha das máximas expoñentes de educación popular de El salvador, Mercedes Sánchez Vides de la Fundación de Educación Ciazo, a cal dará unha serie de charlas e entrevistas nas que nos aportará a visión do Sur entorno á educación e a súa importancia.