Volver

19/11/2013

A CME Galicia participa no curso “Os Contos como recurso na EpD” no CFR Vigo

Sesión CME Galicia en CFR Vigo

O técnico da CME Galicia Miguel Rodríguez, xunto cos docentes do IES Carlos Casares de Viana do Bolo Carlos Ferreiro e Ovidio Villar e o exdirector do mesmo centro Luis Fernández presentaron a Campaña Mundial pola Educación a máis de 20 doncetes na 4ª sesión do curso organizado por Impórtanos.

 

O curso do CFR de Vigo foi unha gran oportunidade para achegar a novos e novas docentes a CME e os valores mais importantes da mesma que fan que milleiros de nenos e nenas galegas a traballen ano tras ano.

A 4ª sesión deste curso tiña por título: “A integración de propostas de EpD no centro educativo” e co exemplo da Campaña Mundial pola Educación e coa participación dun dos centros históricos da CME queríamos dar a coñecer un caso práctico as e os docentes.

Deste xeito, Miguel Rodríguez, coordinador da Campaña Mundial pola Educación en Galicia no 2013-14 presentou a campaña deste ano: “Sumemos Capacidades polo dereito a unha educación inclusiva” e achegounos ás experiencias de mobilización de anos pasados como motivación para o profesorado que participaba no curso.

Ademais, visitáronnos algúns dos ilustres participantes na CME como son Carlos Ferreiro e Ovidio Villar, Director e Vicedirector do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, I Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer” no ano 2009 e un exemplo de traballo en EpD, para falarnos do seu proxecto de centro, da súa irmandade coa Unidad Educativa (UE) Timoteo Rondales de Bermejo (Florida, Santa Cruz, Bolivia), do voluntariado e da participación de Viana na CME como proxecto de centro onde todos e todas, alumnas e profesorado participan ano tras ano en prol do dereito da educación.

A nota emotiva veu da mán de Luis Fernández, anterior Director do centro, que entrou vía Skype dende o Centro Español de Bogotá para contarnos a súa experiencia e da importancia da EpD nun centro, e do importante que é apropiarse de proxecto como a Campaña na que Viana participa na elaboración das unidades didácticas desde o ano 2010.

 

 

Añade tu comentario

Añade tu comentario

Normas de uso

  • Ésta es la opinión de los internautas, no de Educación sin Fronteras.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Reservado el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
* Campos obligatorios