02/09/2010
Educación Sen Fronteras Galicia visita varias comunidades da Municipalidade de Champerico que están dentro do Programa Oxlajuj Tzíkin en Guatemala
O pasado mes de Agosto, o Coordinador de ESF Galicia visitou as comunidades de San Miguel las Pilas, El Triunfo, María del Mar, Victoria 3 e Nova Cajolá, que xunto a outras 11 comunidades do municipio de Champerico participan no Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz´ikin.
Educación Sin Fronteras participa neste programa a través da súa organización socia PRODESSA que pretende implementar un Programa de lecto-escritura cun enfoque de dereitos humanos e de xénero.
Tamén se está a realizar unha formación aos/as profesoras/é para que poidan implementar este Programa de lecto-escritura do xeito máis eficiente posible.
Xunto con isto estanse a dar bolsas a máis de 30 mozos destas comunidades para que poidan sacarse o maxisterio e poidan quedar nas comunidades impartindo clases.
Este Programa estase a realizar grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Aproveitouse a visita á comunidade de Nueva Cajolá para anunciar a aprobación do proxecto da construción dun Instituto de Básico nesta comunidade grazas á colaboración entre ESF Galicia e Arquitectos Sin Fronteras Galicia.