11/11/2009
Mercedes Sánchez Vides, Coordinadora da área de xestión da Fundación de Educación Ciazo visita Galicia
Os días 14,15 e 16 deste mes contaremos co privilexio de ter por Galicia a unha das máximas expoñentes de educación popular de El salvador, Mercedes Sánchez Vides de la Fundación de Educación Ciazo, a cal dará unha serie de charlas e entrevistas nas que nos aportará a visión do Sur entorno á educación e a súa importancia.
A visita de Mercedes a Galicia é sen dúbida para Educación Sen Fronteiras unha gran nova. Mercedes Sánchez é toda unha eminencia en temas de educación popular no seu país, experta en Educación e Xénero, e en Participación e Desenvolvemento Social. Colaborou con multitude de organizacións e organismos oficiais, sempre loitando polo desenvolvemento educativo en El Salvador.
Mercedes Sánchez Vila visítanos cunha axenda moi apertada en dous intensos días:
O luns 16 pola mañá ( 09:00) terá unha charla cos alumnos de diversificación do CPI da Ribeira na parroquia de Torneiros do concello de O Porriño. Ese mesmo día ás 16:00 e esta vez no Colexio Maior de San Agustín departirá con alumnos universitarios sobre temas de educación popular e as grandes diferenzas de sistemas educativos ao que poden ter acceso os estudantes salvadoreños e españois. Xa por último o mesmo luns, e esta vez, ás 18:00, no CIFP politécnico de Santiago de Compostela e xa dentro do curso de educación para o desenvolvemento, dará unha charla sobre a educación popular como ferramenta para a promoción da gobernabilidade democrática.
Xa o Martes a axenda seguirá sendo moi apertada xa que terá unha dobre cita: pola mañá reunirase con persoal da subdirección xeneral de cooperación para charlar dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia en El salvador, e pola tarde terá outra reunión, neste caso coa Consellería de Educación onde se dialogará da importancia da educación popular nos países do sur.