24/11/2009
Educación Sen Fronteiras participou nas "Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante"
A consellería de educacion e ordenación universitaria e Intered organizarón as xornadas "Eliminando Fronteiras" título que fai referencia a visión da escola como espazo educación inclusiva, xunto coa difusión e comprensión das realidades sociais e educativas existentes nos lugares de orixe deste alumnado.
Este encontro nace co obxectivo de tender pontes de entendemento entre persoas e culturas, eliminando estereotipos e sentando as bases para unha convivencia intercultural baseada en valores universais e compartidos. Froito desta interculturalidade as xornadas amosaron un amplo abano das realidades escolares e dos seus enfoques educativos, que abranguen España, América Latina, Asia e Marrocos.
Así a exposición de Educación Sen Fronteiras ( Acurtando distancias educativas:achégate a El salvador) tivo unha grande acollida entre os docentes xa que poideron observar como un proxecto educativo pode ser transformador da realidade de toda a comunidade.
Para poder acceder o a todo o material presentado neste encontro premer aquí.