03/10/2011
O Efecto Bolboreta
Campaña de Nadal. - Educación Sen Fronteiras pon en marcha unha campaña de Nadal de sensibilización e captación de fondos para dar apoio aos proxectos educativos que leva a termo en 11 países de América Latina.
O Efecto Bolboreta encádrase na Teoría do Caos, onde Edward Lorenz amosou, en 1963, que pequenas variacións en sistemas dinámicos non lineais poden ampliarse exponencialmente, imposibilitando a predicción a nivel práctico.Simplifícocho dicindo que o batexar de ás dunha bolboreta noutra punta do mundo pode provocar cambios drásticos e facer inválidas moitas prediccións na nosa contorna.
Esto é o que pensamos en Educación Sen Fronteiras. Pensamos que un euro, sumado a outro euro, sumado a outro euro, ... pode chegar a provocar cambios positivos e transformadores noutra parte do mundo:
- Jarao ten once anos e vai a unha das 10 escolas coas que estamos traballando en rueiros marxinais de Potosí (Bolivia). O alto índice de abandono escolar fai que moitos nenos e nenas non terminen a primaria. Estamos traballando co alumnado, profesorado e familias para mellorar a calidade educativa. Estar alí incrementará as posibildades de que Jarao continúe na escola e non vague polas rúas sen escolarización.
- Maika é mestra nunha pequena vila do Departamento de Cabañas (O Salvador) onde o índice de analfabetismo é dun 30 %. Éncantalle o seu traballo, pero lle faltan coñecementos e recursos pedagóxicos. Grazas a Educación Sen Fronteiras foi quen de participar nun curso de Formación para profesorado rural.
A educación é un dereito fundamental, sen o cal non hai calidade de vida, nin igualdade de oportunidades nin liberdade persoal. Cada euro, cada esforzo, cada pequena iniciativa conta.
Como colaborar?
Gustaríanos que nos axudasedes a conseguir que cada alumno voso, e os seus familiares que o desexen, aporten 1 euro á campaña. Como facelo?
O desenvolvemento da campaña é moi sinxelo:
- Presenta esta iniciativa ao resto de profesorado, para animalos a participar
- Uns días antes da recollida de diñeiro, colga os cartaces na túa aula e no centro escolar.
- Explica aos teus alumnos que é o Efecto Bolboreta e pídelles que o expliquen na casa, aos seus amigos e amigas, a os seus familiares.
- Reflexiona sobre este efecto cos teus alumnos e xera un pequeno debate sobre as situacións sociais no mundo onde pode producirse o Efecto Bolboreta.
- Fai preguntas aos teus alumnos para que reflexionen na casa.
- Dá un sobre (que te facilitaremos nós) a cada un dos teus alumnos para que recollan un euro do seu pai, nai, dun curmán/á, dun irmán/á, ...
- Recolle os euros conseguidos e fainos chegar á persoa coordenadora da acción no teu centro escolar.
- Desde Educación Sen Fronteiras (ESF) pasaremos a recoller os cartos recadados, chamando ao 934 127 217 ou á Delegación máis próxima de ESF. Posteriormente recibiredes o certificado de doazón para coñecemento de toda a vosa comunidade educativa, e o selo de “escola amiga de ESF”.
Eu, ti, ela, nosoutros, vosoutras, eles.
Eu podo doar un euro, ti podes doar un euro, elas poden doar un euro,... e con todos eses euros, sumados, multiplicados por todas as delegacións onde temos presenza en España (Andalucía, Aragón, Castela a Mancha, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Euskadi e Galiza) conseguiremos -polo Efecto Bolboreta- chegar ás zonas máis desfavorecidas de América Latina.
Eu, ti, ela, nosoutros,.... cun só un euro, podemos cambiar a vida de moitos nenos e nenas para que teñan as mesmas oportunidades que nosoutros.
¡Apúntate!
Se queres colaborar, na túa aula ou en todo o voso centro escolar, responde ao breve formulario que encontrarás en web
Moitas grazas.
Para máis información
Podes escribir a [email protected]
Ou chamar ao teléfone 934 127 217
Tamén encontrarás información en www.educacionsinfronteras.org
Grazas!