Volver

16/02/2010

O CPI Manuel Pandín Truiteiro de Soutomaior proponse os obxectivos do milenio

Exposición en Soutomaior

Dende o pasado venres de entroido ata o venres 27 de febreiro as alumanas e alumnos do centro de Soutomaior poderán gozar da exposición onde 8 paneis explican que son os ODM

No ano 2000 191 xefes de Estado e de Goberno asinaron a Declaración do Milenio comprometéndose a traballar xuntos para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e rematar coa pobreza extrema no mundo antes de 2015. Ademais de ser un compromiso sen precedentes, os 8 ODM marcan unha folla de ruta para o desenvolvemento cuxo progreso se mide a través dunha serie de metas e indicadores, con datas límite para o seu cumprimento.

A exposición é moi visual xa que en cada panel podemos observar un personaxe dalgún dos páises en vías de desenvolvemento polo que as cifras e reflexións non son tan anónimas como de costume. Ademáis en todolos paneis observamos datos moi útiles para que os profesores poidan traballar co alumnado na aula e así conseguir unhas reflexións máis profundas. Nos 8 paneis da exposición podemos observar os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio:

. ODM 1- Erradicar a pobreza extrema e a fame.
. ODM 2- Lograr o ensino primario universal.
. ODM 3- Promover a igualdade entre os sexos e a autonomía da muller.
. ODM 4- Reducir a mortalidade infantil.
. ODM 5- Mellorar a saúde materna.
. ODM 6- Combater o VIH SIDA, o paludismo e outras enfermidades
. ODM 7- Garantir a sostibilidade ambiental.
. ODM 8- Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

O obxectivo de ter esta exposición polos centros educativos é a de, en primeiro lugar, que a xente nova asimile o que son estes obxectivos, e que son froito dun acordo político. E así tentar espertar en todo o alumnado a conciencia que supón o oitavo obxectivo, xa que é esa gran alianza mundial a que pode presionar aos líderes políticos dos países a que cumpran os acordos asinados fai xa 10 anos

Añade tu comentario

Añade tu comentario

Normas de uso

  • Ésta es la opinión de los internautas, no de Educación sin Fronteras.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Reservado el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
* Campos obligatorios