Volver

12/03/2010

As ONGD galegas aproban o novo Plan Director da Cooperación para o periodo 2010-2013

CONGACODE

O pasado venres, 5 de marzo, celebrouse a primeira sesión do ano 2010 do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE), para tratar e discutir, entre outros asuntos, sobre a Avaliación do I Plan Director da Cooperación Galega 2006/2009, sobre o a proposta do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 e sobre o Plan Anual 2010

Despois de moitos meses de traballo e tras duras negociacións cos diferentes órganos responsables do ámbito da cooperación da Xunta de Galicia, as decisións máis importantes tomadas na reunión do CONCACODE  foron:

  • Nomeamento de Jose Luis Quintela (Intermón Oxfam) como Vicepresidente do CONGACODE por unanimidade do Consello.
  • Aprobación do II Plan Director 2010-2013 por unanimidade, se ben os 5 representantes das ONGD manifestaron a presentación dun voto particular que reflectise os puntos non concordantes co sentir das ONGD: esforzo orzamentario moi feble, compromiso da creación da Axencia Galega de Cooperación, etc.
  • Aprobación do Plan Anual 2010 de Cooperación, co voto en branco dos representantes das ONGD, pois se ben estaban de acordo nas actividades propostas, estaban en desacordo polo recorte orzamentario para a Cooperación Galega en 2010. Anunciouse a presentación dun novo voto particular que reflectise os puntos de desacordo

Compre destacar que nunha das reuniones previas co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, este comprometeuse  a xestionar posibles ampliacións no orzamento de cooperación por parte das outras Consellerías e de futuros orzamentos non executados.

 

 

 

Añade tu comentario

Añade tu comentario

Normas de uso

  • Ésta es la opinión de los internautas, no de Educación sin Fronteras.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Reservado el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
* Campos obligatorios