Volver

10/09/2009

Exposición “Acurtando distancias educativas: Achégate a El Salvador"

Foto Achégate a El Salvador

Educación Sen Fronteiras presenta a exposición "Achégate a El Salvador" no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés (Cambados).
A ONGD expón 8 paneis sobre a realidade educativa de El Salvador onde Educación Sen Fronteiras traballa dende fai máis de 20 anos. A exposición estará do 15 ao 30 de setembro.

A Consellería do Medio Rural e mais a Dirección Xeral de Cooperación Exterior organizan a exposición fotográfica "Achégate!" que está percorrer a rede de centros comarcais de Galiza durante este ano 2009. Con esta exposición Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar e informar da situación de exclusión nas que viven millóns de persoas no mundo que non teñen acceso a Educación e transmitir o desexo de que "Outro mundo é posible".

Educación Sen Fronteiras (ESF) é unha ONG para o Desenvolvemento, constituída como asociación en 1988, coa finalidade de contribuír a unha educación transformadora cara a un mundo máis xusto e solidario, a través de dous eixes: por unha banda, accións de cooperación internacional para o desenvolvemento, e polo outro, accións que promovan o cambio na nosa sociedade. ESF ten como obxectivo ser unha organización referente no compromiso coa defensa e promoción do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas, como un dereito humano fundamental.

A exposición estará do 15 ao 30 de setembro en:

Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n- Cambados
Datas: Do 15 ata o 30 de setembro

Para acadar máis información poden porse en contacto con Paco Vallverdú, Delegado Educación Sen Fronteiras Galicia
[email protected]
Teléfono: 650 86 15 92.

Añade tu comentario

Añade tu comentario

Normas de uso

  • Ésta es la opinión de los internautas, no de Educación sin Fronteras.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Reservado el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
* Campos obligatorios