Volver

09/06/2010

Envía unha tarxeta amarela pola Educación

Os líderes mundiais vanse reunir antes da final do Mundial en Cape Town para discutir a crise global en educación. Fagámoslles chegar un sinal de aviso que non poidan ignorar, e os fagamos saber que o gol que necesitamos marcar é educación de calidade para todos os nenos e nenas.

Temos unha gran noticia! Este fin de semana, o presidente Sudafricano, Jacob Zuma, anunciou a súa intención de organizar un Cumio Internacional de Alto Nivel antes de que remate a Copa do Mundo; co reto de que os líderes mundiais garantan educación gratuíta de calidade para os 72 millóns de nenos e nenas que non ten acceso á escola.

Non podemos perder esta oportunidade de facer oír a nosa voz. Este é o noso plan: de aquí ao Cumio, os nosos afeccionados/ás e seguidores de 1 GOL arredor do mundo escribirán en tarxetas amarelas miles de mensaxes para os líderes mundiais. É un aviso universal que non poden ignorar- e fala de que temos que actuar rápido ou outra xeración enteira de nenos e nenas verán como a súa oportunidade de ir ao colexio pasa de longo.

Ti podes facer a túa propia tarxeta amarela en liña. O noso equipo converteraa nunha tarxeta física. Despois, xunto co equipo de activistas sudafricanos, farémosllas chegar en man aos líderes mundiais no Cumio sobre Educación. Xuntos, farémoslles chegar a mensaxe de que o gol que temos que marcar é o da educación gratuíta de calidade para cada neno e nena no mundo.

A educación é a chave para axudar a países enteiros romper o ciclo da pobreza, asegurando que todas as nenas poidan crecer como iguais, e ofrecendo a cada neno unha oportunidade xusta na vida. Pero 72 millóns de nenos e nenas vense actualmente privados de poñer un pé na escola. E 1 de cada 4 mulleres no mundo non pode ler esta mensaxe, nin sequera unha frase.

Non ten que ser así! Se investimos en educación, e pactamos globalmente como facer efectivo ese investimento, garantiríamos unha educación de calidade para todas as persoas.

Se nos mobilizamos masivamente, os nosos líderes actuarán. Se permanecemos en silencio, perderemos esta oportunidade única.

Este é o noso gran momento para amosar aos líderes mundiais que cando se trata de asegurar que cada neno e nena no mundo teñan a oportunidade de aprender, a afección mundial toma partido pola Educación.

Manda a túa tarxeta amarela hoxe:

www.join1goal.org/r/yellowcard

Añade tu comentario

Añade tu comentario

Normas de uso

  • Ésta es la opinión de los internautas, no de Educación sin Fronteras.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Reservado el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
* Campos obligatorios