Noticias
-
08/02/2010
Concerto solidario por Haití en O Porriño
Máis de cinco horas de música solidaria para conseguir fondos para Haití.
Unha noite solidaria foi a que vivimos o pasado venres 5 de febreiro no pavillón municipal do concello de O Porriño. Moitos grupos foron os que se deron cita no recinto porriñés e que tocaron dun xeito altruísta e solidario. O numeroso público que se congregou no pavillón gozou dun gran concerto con figuras do panorama musical galego como Uxía, ou grupos locais que están a empezar a asomar a cabeza no panorama nacional da música como Baldosa Amarilla que co seu pop-rock en español fixo vibrar ao público asistente.
O diñeiro recadado con este concerto doouse a Educación Sin Fronteras e Médicos del Mundo, para que sexa destinado á axuda da poboación haitiana en favor das súas necesidades fundamentais e na reivindicación dos seus dereitos.
Dende Educación Sen Fronteiras queremos agradecer aos organizadores do evento a súa dedicación e as súas ganas e felicitalos polo grande éxito alcanzado. Tamén queremos agradecer o apoio da sociedade porriñense que respondeu acudindo a este concerto. Queremos que esta xenerosa corrente solidaria que xurdiu tras o desastroso sismo de Haití calei na sociedade e así teñamos unha sociedade futura máis xusta e solidaria.
-
02/02/2010
Educación Sin Fronteras participa en "Reflexiones desde el Norte"
Los pasados 23 y 30 de enero, Educación Sin Fronteras participó en las jornadas "Reflexiones desde el Norte" que se realizaron en Salamanca y en León organizadas por la Coordinadora Castellano y Leonesa de ONGD y financiadas por la Junta de Castilla y León y por el Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación
-
02/02/2010
Día escolar da Paz e a Non Violencia no Ceip Chans Bembrive
Como todolos anos Educación Sen Fronteiras estivo presente nos actos de este día celebrado en todolos centros de ensino do país.
-
02/02/2010
Primeira parada dos representantes da organización Tarpurisunchis en Galicia
O pasado lúns 1 de febreiro Antonio e Apolinario visitaron o IES Alexandre Bóveda de Coia en Vigo para observar o uso do galego nos centros educativos
-
02/02/2010
Propóntelos: unha nova exposición de Educación Sen Fronteiras en centros educativos e asociacións xuvenís
Desde o lúns 1 de febreiro O CEIP O Pombal en Vigo é o primeiro centro en desfrutar desta fermosa exposición de oito paneis explicativos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio