Volver

05/10/2009 - 16/11/2009

II curso de educación ao desenvolvemento

Foto cartel curso Galicia

Lugar: Santiago de Compostela

La realización de este curso de "Educación para el Desarrollo", organizado por Educación Sin Fronteras, pretende sensibilizar sobre la necesidad de una educación transformadora, ofreciendo una propuesta pedagógica de cambio para lograr un mundo más justo.

II CURSO DE EDUCACIÓN AO DESENVOLVEMENTO


"Acurtando distancias educativas: achégate a El Salvador"
Cefore Santiago de Compostela
Do 5 de otubro ao 16 novembro

A realización deste Curso de Educación ao Desenvolvemento organizado por Educación Sen Fronteiras pretende sensibilizar da necesidade dunha educación transformadora para conseguir un verdadeiro desenvolvemento. A través de 8 sesións pretendemos dar unha visión da Educación para o Desenvolvemento como unha proposta pedagóxica de cambio para lograr un mundo máis xusto e equitativo. A Educación é liberdade.

Obxectivos do Curso Sensibilizar e formar ao profesorado que participe no curso, sobre a Educación para o Desenvolvemento e a interrelación existente entre os países do Sur e do Norte de cara a favorecer o desenvolvemento de valores e actitudes solidarias e comprometidas co logro dun mundo máis xusto, máis equitativo e máis sostible. Para eso ofreceremos recursos, teorías de renovación pedagóxicas e
experiencias prácticas.