Volver

12/11/2009 - 13/11/2009

Coa pobreza non se negocia: Apertura do centro de inclusión social de titularida pública en Vigo ¡XA!

Cartaz

Este é un dos lemas co que a Rede Social Galicia Sur fará este xoves día 12 de Novembro unha serie de actos co obxectivo de presionar ás autoridades políticas autonómicas e locais, para que Vigo teña o seu centro de inclusión social de titularidade pública.

Educación Sen Fronteiras estará presente nos actos deste xoves que celebrará a Rede Social Galicia Sur na cidade de Vigo. Outro inverno máis a cidade de Vigo segue sen contar co prometido centro de inclusión social, e mentres, os conflitos políticos entre as diversas administracións son portadas nos diversos medios, as necesidades das persoas que precisan este centro seguen sen ser cubertas. Por este motivo convócase a toda a sociedade viguesa a unha serie de actos que comezarán o xoves ás 19:00 cunha concentración na Gota dá Leite onde se lerá o manifesto. Dende aí desprazarémonos a dous puntos da cidade para montar as tendas de campaña na Praza do Rei e na porta do edificio da Xunta de Galicia. Esta acampada quedará montada ata o venres ás 13:00. Dende Educación Sen Fronteiras animamos a toda a sociedade viguesa a unirse a estes actos e participar activamente para conseguir o centro de inclusión social.